1.1.1 A actividade económica
O ser humano desenvolve unha constante actividade para obter alimentos, vestidos e outras materias e instrumentos necesarios para subsistir. Con esta actividade transforma tamén os produtos da natureza e incluso a natureza mesma.
A actividade económica clasifícase en tres sectores, que van desde as fases extractivas ata as transformacións finais:
-
Sector primario: trata de conseguir os alimentos e outras materias primas.
-
Sector secundario: abrangue os traballos que transforman as materias procedentes do sector primario. Chámase tamén sector industrial.
-
Sector terciario: ou de servizos, que comprende o resto das actividades humanas.
As variadas ocupacións humanas están relacionadas, de xeito que os mesmos materiais poden pasar polos tres sectores. Todas as actividades son, pois, necesarias e útiles.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0