Saltar navegación

1.1.2 Recursos naturais

Podemos imaxinar a Terra como unha nave espacial que garda na súa despensa unha cantidade limitada de produtos que necesitamos para vivir. Son as materias primas ou recursos, que precisamos diariamente para comer, beber, quentarnos, curarnos…

Os recursos naturais poden ser de dous tipos

  • Renovables: pódense restituír conforme se van consumindo, porque se producen rapidamente. Son os recursos de natureza biolóxica: froitas, animais, madeira…

  • Non renovables: cando se acaban non se poden rexenerar, pois a súa formación é moi lenta. Son materiais de orixe xeolóxica, como os minerais, o carbón ou o petróleo.

O aproveitamento destes materiais chámase explotación. Esta debe ser moderada, xa que se o consumo supera a formación do recurso se produce unha sobreexplotación e poden chegar a esgotarse as súas reservas.

Na actualidade, coa industria e a explosión demográfica hai gran demanda e consumo de recursos. Córtanse masivamente os bosques, esgótanse os minerais, desécanse marismas e zonas húmidas, e extermínanse especies de seres vivos por consideralos competidores, inservibles para a nosa especie ou por aproveitalos irracionalmente.

 

Previsión de reservas mundias

 

Previsión de reservas mundiais.

Anos de duración dalgúns recursos non renovables, 

de seguir o ritmo actual de consumo. 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0