1.2.3 Recursos forestais
As árbores son un elemento fundamental das paisaxes agrarias. As coníferas medran nas rexións de climas máis duros: na taiga, nas altas montañas e nas zonas semidesérticas. As anxiospermas esténdense polo resto do mundo.
Desde sempre, as persoas aproveitaron as árbores: madeira como combustible ou para construír vivendas, mobles, apeiros… e froitos para alimentarse. Nos bosques fríos boreais e nas selvas ecuatoriais está a maior cantidade de árbores madeireiras: eucalipto, piñeiro, castiñeiro, nogueira, bidueiro, faia, abeto, ébano, caoba, cedro…
Desde hai décadas estanse cortando bosques extensos para aproveitar a madeira industrialmente ou para implantar cultivos de cereais e explotacións gandeiras. Esta deforestación, moi intensa nas zonas frías e nas tropicais, desencadea graves prexuízos ecolóxicos.
Silvicultura
A silvicultura é a explotación sistemática dos recursos forestais que se practica nalgunhas zonas do planeta. Da silvicultura obtense madeira, cortiza e celulosa, o que ten propiciado, en moitos casos, a desaparición das árbores autóctonas que son substituídas por especies de rápido crecemento; no caso galego, eucaliptos e piñeiros por carballos ou castiñeiros.

Mapa forestal mundial
Actividades propostas
S.1 Traballar.
-
Para que desenvolvemos as persoas como colectivo unha actividade constante?
-
Como se clasifica a actividade económica humana?
-
Identifique na ilustración das rodas dentadas cada unha das actividades e o sector correspondente.
S.2 Emparelle os termos da primeira liña cos da segunda:
Primario.
Secundario. .
Terciario. .
-
Primario. Extracción
-
Secundario. Transformación.
-
Terciario. Servizos.
S.3 Como poden ser os recursos? Cando se esgotan os recursos naturais?
S.4 Sector primario.
-
- Que subministra o sector primario? A que outro sector? Para que?
-
Que actividades produtivas pertencen ao sector primario?
-
Por que son importantes e necesarias as actividades do sector primario?
S.5 Espazos agrarios.
-
Clasifique os factores que interveñen na formación dos espazos agrarios.
-
Esquema dos sistemas agrícolas atendendo ao desenvolvemento dos países
S.6 Produción de cereais. Observe a táboa e sitúe no mapa os países reflectidos.
-
Produción /1000 toneladas)
% mundial
1979-81
1989-91
1999-01
2003
2004
1979-81
1989-91
1999-01
2003
2004
Bangladesh
20.983
27.987
37.960
40.876
41.044
1.33
1.47
1.82
1.96
1.81
Bolivia
663
845
1.221
1.486
1.341
0.04
0.04
0.06
0.07
0.06
Brasil
30.805
37.702
50.148
67.453
63.812
1.96
1.98
2.41
3.23
2.81
Burkina Faso
1.166
1.975
2.698
3.564
2.902
0.07
0.10
0.13
0.17
0.13
China
286.488
390.171
420.308
376.123
413.166
18.21
20.49
20.16
18.03
18.20
Colombia
3.339
4.090
3.668
4.062
4.409
0.21
0.21
0.18
0.19
0.19
Francia
46.078
57.683
63.426
54.940
70.534
2.93
3.03
3.04
2.63
3.11
India
138.182
195.478
238.012
233.406
232.360
8.78
10.27
11.42
11.19
10.23
Romanía
18.109
18.286
15.479
12.962
24.314
1.15
0.96
0.74
0.62
1.07
Senegal
850
996
1.040
1.452
1.085
0.05
0.05
0.05
0.07
0.05
E. Árabes
1
2
0
0
0
0.00
0.00
0.00
0.00
0.00
España
14.709
19.306
20.198
21.412
24.747
MUNDO
1.573.227
1.903.961
2.084.615
2.085.774
2.270.360
100.00
100.00
100.00
100.00
100.00

-
Da táboa desapareceron as porcentaxes da produción española respecto da mundial. Calcúleas.
-
1979-1981 (exemplo)
1989-1991
1999-2001
2003
2004



-
S.7 Calcule a cantidade media de quilos de cereais, no ano 2004, dos países da seguinte táboa. Cal é a media mundial?
|
|
Burkina Faso |
Colombia |
España |
EEUU |
Mundo |
|
13.925.313 |
42.954.279 |
40.341.462 |
295.734.134 |
6400 m |
|
Colombia (exemplo) |
|
Produción cereais: 4.409 miles Tm (1 Tm = 1000 kg) |
|
|
|
-
Á vista dos resultados obtidos na actividade anterior, compare o gran do que dispón un estadounidense e un colombiano. É un reparto equitativo?
-
A que países lles corresponde a maior porcentaxe de cereais, aos europeos ou aos norteamericanos? Ten algunha relación coas técnicas de cultivo?
-
En que continente están os maiores produtores?
S.8 Gandaría.
-
Con que está relacionada a gandaría?
-
Por que se incrementa a actividade gandeira nas últimas décadas?
-
En que se emprega o 38 % da produción mundial de cereais?
S.9 Clasifique as explotacións gandeiras segundo a produción.
S.10 Recursos forestais.
-
- Que aproveitamos das árbores os humanos?
-
Onde aumenta máis a desforestacción?
-
Que consecuencias derivan da deforestación masiva?
-
Que é a silvicultura?
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0
