1.4.3 O turismo
Os habitantes dos países desenvolvidos dispoñen de recursos económicos e técnicos e de tempo de lecer para se desprazaren polo mundo. Hai diversas modalidades de turismo, en función do lugar de destino e das actividades ofertadas:
-
Cultural: visita a cidades ou lugares cun amplo patrimonio artístico e histórico.
-
De congresos e negocios: para a realización de actividades de formación e negocio.
-
De costa: fundamentalmente de verán: praias, sol e actividades acuáticas.
-
De inverno: turismo de deportes de inverno.
-
Ecolóxico ou ecoturismo: actividades turísticas máis respectuosas coa natureza.
-
Paisaxes exóticas: viaxes a lugares afastados, con espazos naturais menos concorridos.
-
Relixioso. Visita a lugares santos, como Santiago de Compostela, o Camiño de Santiago, Roma, Xerusalén ou A Meca.
-
Rural: estadías en vivendas rurais situadas en espazos naturais.
-
De balnearios ou saúde: con fins terapéuticos (augas termais).
-
Parques temáticos: diversións e atraccións organizadas.
Efectos do turismo
-
Positivos.
-
Ingresos elevados no país receptor.
-
Creación de postos de traballo, moitos en temporada estival.
-
Dinamizador dos servizos do país: transporte, comercio...
-
Intercambio cultural e aprendizaxe doutras linguas.
-
Negativos.
-
Eleva os prezos, favorece a especulación do solo.
-
Crea traballos pouco cualificados e precarios: baixo salario e curta duración.
-
Gran impacto ambiental, con prexuízo para o medio natural.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0