Saltar navegación

2. Resumo de contidos

Actividade económica

As persoas desenvolven actividade constante para obter alimentos, vestidos, materias primas e instrumentos necesarios para subsistir. Clasificación das actividades económicas:

  • Sector primario: consegue alimentos e outras materias primas.

  • Sector secundario: transforma as materias primas procedentes do sector primario.

  • Sector terciario: as outras actividades, para prestar servizos.

Recursos naturais

Son as materias primas que necesitamos. Os recursos poden ser:

  • Renovables: pódense restituír conforme se van consumindo.

  • Non renovables: non se rexeneran, formación moi lenta.

Explotación: aproveitamento dos recursos ou materiais.

Sector primario

Pretende conseguir alimentos e outras materias primas. Actividades económicas de produción agrícola, gandeira, forestal, pesqueira e mineira.

  • Agricultura.

    • A agricultura depende de:

  • Factores físicos: clima, relevo, augas, solo e vexetación.

  • Factores humanos: históricos, demográficos, económicos, políticos e técnicos.

    • Elementos dos espazos agrarios

  • Hábitat rural: concentrado ou disperso.

  • Parcelas: unidades básicas de cultivo. Pódense clasificar pola forma, polo tamaño, polos límites, polos cultivos, pola produtividade e pola propiedade.

    • Sistemas agrícolas:

  • De consumo ou subsistencia.

  • Comercial ou de troco.

    • Sistemas agrícolas dos países subdesenvolvidos:

  • Agricultura itinerante do lume.

  • Agricultura intensiva de regadío.

  • Agricultura de monocultivo.

    • Sistemas agrícolas dos países desenvolvidos:

  • Agricultura comercial intensiva.

  • Agricultura comercial extensiva.

    • Tipos de agricultura, polo grao de dedicación

  • Agricultura de dedicación exclusiva.

  • Agricultura con complementos.

  • Agricultura como actividade complementaria.

    • Zonas de cultivo por altitude
  • Zona baixa: nivel do mar – 200 metros.

  • Zona alta: 200 – 600 metros

    • A agricultura en Galicia.

  • Clima favorable.

  • Temperatura suave.

  • Humidade, a maior parte do ano.

  • Sequidade estival.

  • Solos areosos.

  • Alto contido de materia orgánica.

  • Acidez excesiva.

  • A fertilidade dos solos galegos depende da infiltración da auga, da evaporación, da permeabilidade, do lavado interno das substancias nutritivas e da erosión.

  • Gandaría.

    • Cría de animais para obter alimentos e materias primas.

    • Clasificación por importancia económica: vacún, de la, porcino, cabalar e avícola.

    • Produtos gandeiros: leite e derivados, carnes, graxas, ovos, las, pelicas e coiros.

    • Explotación segundo a produción:

  • Gandaría intensiva estabulada.

  • Gandaría extensiva.

  • Gandaría nómade.

  • Explotacións mixtas.

    • A gandaría, segundo o relevo.

  • Litoral ou baixa.

  • De montaña media.

  • De montaña árida.

  • Inculta e do cimbro.

    • Explotacións gandeiras.

  • Granxas pequenas familiares de carácter mixto.

  • Granxas de maior tamaño.

  • Recursos forestais: as árbores son elemento esencial das paisaxes agrarias. Estanse cortando bosques extensos para aproveitar a madeira industrialmente, implantar cultivos de cereais e crear explotacións gandeiras.

    • Silvicultura: explotación sistemática dos recursos forestais. O terreo forestal en Galicia ocupa grande extensión (40%). Case o 50% da madeira producida vai á industria da celulosa.

    • Montes veciñais. En Galicia existen desde antigo montes veciñais en man común e a propiedade colectiva das augas e dos pasteiros.

    • Paisaxe forestal. Os bosques de folla caduca favorecen a formación de solos fértiles e dan madeiras nobres, de calidade.

 

 

  • A pesca. A pesca é a captura e extracción dos recursos do mar. Pode ser mariña ou fluvial.

    • Condicións xeográficas e biolóxicas. A existencia de peixes nos mares depende de condicións xeográficas: topográficas e climáticas, e biolóxicas. Condicións favorables son:

  • Os zócalos continentais inferiores a 200 m de profundidade.

  • As costas recortadas.

  • As amplas plataformas litorais.

  • As capas acuáticas temperadas polo Sol.

  • A salinidade axeitada.

  • As zonas de contacto entre correntes mariñas de distinta temperatura.

  • O afloramento das augas profundas.

  • A existencia de plancto.

    • Zonas pesqueiras. A pesca concéntrase nos caladoiros:

  • Plataformas continentais.

  • Zonas de contacto das correntes mariñas frías e cálidas.

  • Zonas litorais ou costeiras.

    • A existencia de peixe varía segundo os mares sexan mornos, quentes ou fríos.

    • Caladoiros mundiais. As zonas pesqueiras principais son:

  • Atlántico norte europeo.

  • Atlántico norteamericano.

  • Asia oriental.

  • Mares dos Polos.

  • Mares tropicais.

    • Tipos de pesca: de grande altura, de altura, e de baixura ou costeira.

    • Actividade pesqueira. A pesca é moi importante para a economía alimentaria. É unha fonte cuantiosa de alimentos. Moitos países racionalizan o esforzo pesqueiro, pechando os caladoiros ás flotas estranxeiras, e mediante licenzas e cotas.

    • A pesca en Galicia. Galicia é a primeira zona pesqueira de España:

  • Polo volume de pesca.

  • Polo número de barcos.

  • Polo número de persoas ocupadas no sector.

    • Condicións xeográficas das augas mariñas galegas:

  • Situación no Atlántico norte, a zona pesqueira máis rica do mundo.

  • Gran lonxitude das recortadas costas.

  • Riqueza das rías.

  • Abundancia de plancto.

  • Influencia beneficiosa das correntes mariñas.

  • O marisqueo. É a actividade de colleita de moluscos bivalvos. O sector marisqueiro ten estes problemas:

  • Excesivo número de mariscadores.

  • Incumprimento das vedas.

 

 

  • Lexislación inadecuada para regular as extraccións.

  • Progresiva contaminación das augas.

  • Extraccións masivas.

  • Sistemas de comercialización inaxeitados.

  • Minaría. Galicia ten reservas de ferro, chumbo, magnesita, titanio e granate. Tamén granito, arxila e lousa. A maior parte dos minerais extraídos en Galicia non se transforman industrialmente nela.

Sector secundario

O sector secundario transforma as materias primas, procedentes do sector primario, para obter produtos elaborados ou semielaborados.

  • Materias primas: vexetais, animais, minerais e semielaboradas.

  • Fontes de enerxía: renovables e non renovables.

    • Renovables: biomasa, hidroeléctrica, maremotriz, solar, xeotérmica e eólica.

    • Fontes de enerxía non renovables: carbón, gas natural, petróleo e nuclear.

  • Tipos de industria:

    • Industrias básicas, de base ou pesadas: química pesada e metalúrxica.

    • Industrias de bens de equipamento: de construción e de transformación.

    • Industrias lixeiras ou de consumo: electrónica, automobilística, alimentaria, téxtil e química lixeira.

  • As empresas industriais clasifícanse polo tamaño, polo capital e pola organización.

  • A industria actual Produce moito a prezos baixos. Fabrica en serie mediante cadeas de produción. A produción artesanal ten, con todo, certa importancia.

  • Localización das industrias. A localización das industrias depende de:

    • Abundancia de fontes de enerxía ou de materias primas.

    • Dispoñibilidade de man de obra barata.

    • Acceso fácil aos mercados.

    • Posibilidade de promover os artigos.

    • Presenza doutras industrias.

    • Existencia de infraestruturas.

    • Incentivos políticos e sociais.

  • Industrias mundiais: siderúrxicas, mecánicas, de máquinas-ferramenta e instrumentos de precisión, química e alimentaria.

  • A industria española:

    • A industria química de base e a industria química de produtos intermedios producen numerosas substancias.

    • O consumo de cemento era moi alto ata hai pouco tempo.

    • A industria do papel aprovéitase das árbores.

    • A industria automobilística é moi importante.

  • Fontes de enerxía en Galicia:

    • A máis abundante: a hidroeléctrica.
    • Galicia ten electricidade suficiente e exporta a metade da súa produción.

    • As enerxías alternativas teñen un gran futuro.

  • Industria galega:

    • Galicia está pouco industrializada.

    • Non transforma, salvo casos, produtos derivados do sector primario.

    • Industrias importantes:

  • Construción naval.

  • Industria conserveira.

  • Enerxía eléctrica.

  • Refinos de petróleo.

  • Obtención de alúmina-aluminio.

  • Cerámica e materiais de construción.

  • Industria automobilística.

  • Matadoiros industriais.

  • Industria madeireira.

Sector terciario

O sector terciario ou de servizos abrangue todas as actividades non incluídas nos sectores primario e secundario. Nos países desenvolvidos, o sector terciario ten moita importancia.

  • Comercio. É o conxunto de actividades relacionadas co intercambio de bens e servizos.

    • Comercio interior: desenvolvido dentro das fronteiras dun Estado.

    • Comercio exterior: intercambio de bens e servizos entre distintos países.

  • Indicadores para medir o nivel comercial dun Estado:

    • Balanza comercial. Relación entre o valor das exportacións e o das importacións.

    • Balanza de pagamentos. Operacións comerciais, servizos ou movementos de capitais entre os habitantes dun país e os do resto do mundo.

  • Políticas comerciais. Os gobernos poden adoptar estas políticas comerciais: proteccionismo, librecambismo e sistema mixto.

  • Intercambios comerciais:

    • Os países poden producir exceso de artigos e necesitar doutros. Isto determina o destino e a frecuencia dos intercambios comerciais.

    • O comercio ten actualmente enorme importancia.

    • Os produtos seguen determinadas canles de comercialización.

    • Patente é o privilexio de explotación ou fabricación. Adquírese mediante licenza.

    • Divisas: moedas estranxeiras que entran nun país. O prezo das divisas é a cotización ou cambio.

  • Transporte. Os medios de transporte permiten o movemento de persoas e mercadorías.

Os transporte pódense clasificar:

    • Polo contido.

    • Polo número de pasaxeiros.

    • Pola propiedade.
    • Polo medio por onde se desprazan: terrestre, naval e aéreo.

  • Turismo.

    • Os cidadáns dos países desenvolvidos poden desprazarse polo mundo.

    • O turismo pode ter motivacións diversas.

    • O turismo ten efectos positivos e negativos.

  • Educación e sanidade. Todas as persoas teñen dereito a recibir educación e asistencia médica.

    • SERGAS. O Servizo Galego de Saúde xestiona a sanidade en Galicia, nos niveis de atención primaria e especializada.

    • Servizo de Urxencias 061. Realiza atención extrahospitalaria en emerxencias ou en urxencias sanitarias.

 

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0