Saltar navegación

1.3 O sector secundario

    O sector secundario abrangue as actividades destinadas á elaboración de produtos de consumo, tras a transformación das materias primas. Entre as súas actividades destacan a produción enerxética, a construción e a industria.

Nestas actividades o produto destinado ao consumo obtense nun proceso de transformación das materias primas (abastecidas pola minaría, agricultura, gandaría, pesca e actividades forestais) para a obtención de produtos semielaborados ou elaborados.

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0