1.2.4 A agricultura en Galicia
O clima de Galicia é favorable ao desenvolvemento da agricultura e da gandaría, aínda que hai grandes diferenzas entre unhas comarcas e outras, determinadas principalmente polo relevo. A temperatura e a humidade son os elementos meteorolóxicos que máis inflúen, pero hai un factor climático desfavorable, a miúdo subestimado, a sequidade estival, moi acusada en case todo o país.
Os solos son predominantemente areosos, o que facilita a labra e a drenaxe. Estes solos reteñen escasamente a humidade, xa que a auga se filtra axiña a través deles, arrastrando boa parte dos fertilizantes. Con todo, o alto contido de materia orgánica contrarresta en gran medida estes efectos negativos.
A excesiva acidez, o complicado relevo, a pouca profundidade do chan laborable e a escasa capacidade do campo son tamén factores desfavorables.
A clase e fertilidade dos solos depende en boa parte de aspectos relacionados co clima. Os principais son:
-
Infiltración da auga e evaporación:a gran permeabilidade do solo galego fai que os terreos e as plantas necesiten regas adicionais cando a chuvia é escasa, xeralmente no verán.
-
Lavado interno de substancias nutritivas: as chuvias invernais someten os chans a un intenso lavado que arrastra moitas substancias nutritivas (nitratos, potasio, calcio…) que produce acidez no terreo. Para contrarrestar esta acidez engádense ás terras substancias nitroxenadas e cal.
-
Erosión: ten en Galicia pouca importancia, grazas á cuberta vexetal que protexe o solo e ás suaves pendentes do relevo.
-
Infiltración da auga e evaporación.

Tipos de agricultura
Polo grao de dedicación, podemos considerar tres tipos de agricultura:
-
De dedicación exclusiva:os agricultores dedícanse unicamente ao traballo do campo.
-
Con complementos: os agricultores teñen a agricultura como actividade principal e conseguen ingresos adicionais traballando noutras actividades.
-
Como actividade complementaria: os agricultores teñen a agricultura como actividade secundaria, conseguen co seu traballo no campo alimentos para o consumo familiar. Dáse en zonas próximas aos núcleos urbanos
Zonas de cultivo
Tendo en conta a altitude, en Galicia existen dúas zonas de cultivo:
-
Zona baixa (nivel do mar –200 metros–). Abrangue a zona costeira e as ribeiras dalgúns ríos. Cultívase principalmente millo, hortalizas, legumes, patacas, froitas e vides.
-
Zona alta (de 200 m a 600 m). Cultívanse patacas, centeo, trigo, millo…
-


Ocupación da superficie agrícola
Superficie ocupada polos principais cultivos
A gandaría
Tendo en conta o relevo, a gandaría galega agrúpase en catro zonas:
- Litoral ou baixa:caracterizada polas poucas cabezas de gando maior. Pero pola densidade de poboación o número de reses por km2 é moi elevado. Abundan as aves de curral, os coellos e as pombas.
-
De montaña media:con maior número de reses maiores. É a zona máis extensa de Galicia e a considerada máis gandeira. Ten prados naturais, pastos e arboredo.
-
De montaña árida: pequenos rabaños de gando cabalar, de la e cabrún, que aproveitan os pastos dos montes. Hai menos gando vacún.
-
Inculta e do cimbro: non existe gandaría. Cando desaparecen as neves, quedan lugares de pasto para gando vacún e de la.
En Galicia hai dous tipos de explotacións gandeiras:
- Granxas pequenas familiares, de carácter mixto, xa que a gandaría está moi ligada á agricultura. Poucas cabezas por explotación. A produción consómese familiarmente.
-
Granxas de maior tamaño, con mellores condicións alimentarias e de estabulación, razas seleccionadas e maior rendemento: en carne, en leite e en ovos. As explotacións teñen máis cabezas de gando e a produción véndese.
Silvicultura
O terreo forestal ocupa a maior extensión de Galicia e alterna con terra de labor e herbal. Os bosques de especies nobres, como carballos, castiñeiros, nogueiras, freixos, faias… ocupaban gran parte do monte galego. Na actualidade predominan os piñeiros e os eucaliptos de repoboación.
Pero sendo Galicia a primeira zona produtora de madeira de España, aprovéitase moi pouco. Case a metade da madeira producida en montes galegos sae de Galicia sen transformación. Ademais, case o 50% da produción madeireira destínase á industria da celulosa.
-
A paisaxe forestal
Ata hai poucos anos a paisaxe forestal galega estaba formada por carballeiras, soutos, nogueirais, freixais e faiais. Estas árbores de folla caduca, propias do clima oceánico, favorecen a formación de solos de boa calidade e as súas madeiras son moi valoradas.


Siluetas de árbores de Galicia
Follas de árbores autóctonas galegas: nogueira, carballo e castiñeiro
Os montes veciñais
Desde antigo existe en Galicia unha forma de propiedade colectiva: os montes en man común, unha institución consuetudinaria que explota comunitaria e directamente a terra. Os montes veciñais pertencen aos veciños de parroquias, lugares ou aldeas. Dáse tamén propiedade colectiva en augas e pasteiros.
-
Mapa forestal de Galicia

-
Biografía
Cruz Gallástegui Unamuno (1891-1960)
Especializouse en estudos de xardinaría e arboricultura froiteira en Limoges (Francia) e de enxeñaría agrónoma na Escola Superior de Agricultura de Hohenheim (Alemaña). Tamén estudou nas universidades de Harvard e Conell (EE UU).
Grazas á súa preparación e experiencia agroforestal, creou no ano 1921 a Misión Biolóxica da Galicia para investigar os cultivos do millo. Este centro empezou a funcionar en Santiago de Compostela; en 1928 pasou a ocupar o pazo de Salcedo (Pontevedra).
Cruz Gallástegui publicou moitos traballos de investigación en revistas científicas profesionais, españolas e estranxeiras, sobre millos, patacas e problemas do campo.
-
Lectura
O labrego tan só é unha cousa
que case non repousa.
Da sementeira á seitura
pasando pola cava,
a súa vida é moi dura
e moi escrava.
Sempre trafegando,
arando,
sachando,
mallando,
gadañando,
percurando o gando.
Sempre a mirar para o ceo
con medo e con receo.
Sempre a sementar ilusión,
poñendo na semente o corazón,
para colleitar pobreza
e mais tristura.
Dille ao labrego da beleza
da campía,
da súa fermosura
e poesía.
Dirache que si,
que a beleza para ti.
Manuel María. Versos para cantar en feiras e romaxes.
Actividades propostas
S.11 Agricultura:
-
Faga un esquema coas características físicas do agro galego.
-
De que depende a fertilidade dos solos galegos?
-
Clasifique a agricultura galega segundo o grao de dedicación.
-
Zonas de cultivo segundo a altitude.
S.12 Gandaría e silvicultura:
-
- Esquema das zonas gandeiras.
-
Que tipos de explotación gandeira existen en Galicia?
-
Como se aproveita a riqueza forestal de Galicia?
-
Que porcentaxe de madeira galega non sofre transformación en Galicia?
- Montes veciñais:
-
Que institucións comunitarias perduran en Galicia?
-
En que zona forestal se atopa a súa comarca?
-
S.13 Montes veciñais:
-
Que institucións comunitarias perduran en Galicia?
-
En que zona forestal se atopa a súa comarca?
S.14 Localice na sopa de letras oito produtos obtidos da silvicultura.
|
M |
C |
A |
R |
C |
T |
U |
L |
I |
C |
|
K |
A |
V |
C |
O |
D |
S |
A |
O |
H |
|
L |
Z |
D |
B |
R |
A |
J |
T |
L |
I |
|
C |
A |
N |
E |
T |
D |
L |
E |
P |
C |
|
A |
Ñ |
S |
A |
I |
E |
E |
X |
L |
L |
|
O |
P |
P |
R |
Z |
R |
Ñ |
G |
M |
E |
|
B |
O |
A |
S |
A |
A |
A |
P |
T |
B |
|
A |
J |
P |
K |
L |
P |
O |
I |
E |
E |
|
S |
S |
E |
D |
F |
T |
Y |
U |
C |
D |
|
C |
E |
L |
U |
L |
O |
S |
A |
A |
X |
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0