1.4.4 Educación
Moitas leis recoñecen o dereito á educación de todos os cidadáns do mundo, pero iso non se cumpre sempre.
Artigo 26
-
1. Todas as persoas teñen dereito á educación. A educación debe ser gratuíta, polo menos no concernente á instrución elemental e fundamental. A instrución elemental será obrigatoria. A instrución técnica e profesional haberá de ser xeneralizada; o acceso aos estudos superiores será igual para todos, en función dos méritos respectivos.
-
2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana e o fortalecemento do respecto aos dereitos humanos e ás liberdades fundamentais; favorecerá a comprensión, a tolerancia e a amizade entre todas as nacións e todos os grupos étnicos ou relixiosos [...]
Declaración universal dos dereitos humanos
Artigo 27
-
1. Todos teñen o dereito á educación. Recoñécese a liberdade de ensino.
-
2. A educación terá por obxecto o pleno desenvolvemento da personalidade humana no respecto aos principios democráticos de convivencia e aos dereitos e liberdades fundamentais.
-
3. Os poderes públicos garanten o dereito que asiste aos pais para que os seus fillos reciban a formación relixiosa e moral que estea de acordo coas súas propias conviccións.
Constitución Española. 1978
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0