1.4.5 Sanidade
A sanidade é un dos servizos básicos do sector terciario. Todas as persoas teñen dereito a recibir asistencia médica. A asistencia sanitaria no mundo é moi desigual.
Cada ano, unha parte dos ingresos recadados (impostos) polos Estados dos países desenvolvidos destínase aos servizos sanitarios; convértese así nun servizo público.
O SERGAS
O Servizo Galego de Saúde (SERGAS) xestiona a sanidade en Galicia. A organización da asistencia sanitaria baséase en dous niveis:
-
Atención primaria. Atende enfermos sen problemas graves de saúde. Cura e rehabilita de pequenas doenzas; promove a saúde e prevención de enfermidades. Os doentes son atendidos en centros de saúde.
-
Atención especializada. Presta internamento hospitalario, consultas especializadas, atención de urxencias e hospitalización a domicilio.
Na rede hospitalaria pública realízanse operacións cirúrxicas, transplantes de órganos, de tecidos e de células.
Servizo de urxencias sanitarias 061
Presta atención extrahospitalaria en emerxencias ou urxencias sanitarias. Asesora telefonicamente aos enfermos ou parentes, xestiona o transporte sanitario urxente mediante ambulancias, coordina o transporte en transplantes e outras funcións no ámbito urbano e rural. As 24 horas do día están dispostas varias ambulancias medicalizadas, tamén helicópteros con persoal sanitario especializado.
Centro de transfusión de Galicia
Institución destinada a recibir as doazóns gratuítas de sangue. Con este centro conséguese a autosuficiencia en Galicia nas necesidades de sangue, imprescindible nas intervencións cirúrxicas. Calquera persoa adulta e sa pode doar sangue e salvar unha vida.
-
Lectura
A cultura en Galicia
Galicia é unha realidade en cambio permanente, con historia, lingua e cultura propias. Se somos galegos é porque herdamos unha lingua e unha cultura milenarias enriquecidas día a día. Unha cultura na que nos identificamos como pobo, con proxección e presenza en España, en Europa, no mundo luso-africano-brasileiro e en América.
Galicia dispón dun patrimonio cultural enorme: cidades patrimonio da humanidade, cascos históricos en vilas e cidades, catedrais, igrexas, mosteiros, igrexas con elementos arquitectónicos de distintos estilos, castelos, pazos, restos arqueolóxicos, museos, arquivos, bibliotecas…
Institucións e asociacións culturais desenvolven actividades en todos os eidos culturais: música, artes escénicas, folclore, exposicións, congresos, recitais, conferencias, proxeccións cinematográficas, feiras do libro…
Hai empresas que xestionan e exportan produtos culturais galegos: editoriais, produtoras de cine, vídeo e dobraxe, galerías de arte… Artistas plásticos, escritores, actores, deseñadores e outros manteñen no mundo a cultura galega.
As infraestruturas culturais permiten a consolidación e transmisión da cultura en múltiples facetas: culta, popular, festiva. Ademais dos festivais que se celebran cada verán nas prazas e rúas da vilas e cidades, hai auditorios, pazos de congresos, teatros, exposicións, centros de arte e culturais que acollen eventos artísticos e musicais dirixidos a nenos e adultos.
Actividades propostas
S31 O sector terciario evolucionou moito desde as últimas décadas do século XX, pois recibiu poboación dos outros sectores económicos. Observe as gráficas:
|
Canada2007
|
R.D. Congo 2007 |
|
Alemaña 2007
|
China 2007
|
S32. Como sería a frase completa:
Canto maior sexa o índice de poboación dedicada ao sector maior ha ser o desenvolvemento do país. Canto maior sexa o índice do sector menor ha ser o desenvolvemento do país”.
Canto maior sexa o índice de poboación dedicada ao sector terciario maior ha ser o desenvolvemento do país. Canto maior sexa o índice do sector primario menor ha ser o desenvolvemento do país”.
S33. Complete os espazos baleiros cos termos da listaxe, relacionados todos co comercio.
Troco – mercadoría – moeda – salario – balanza comercial –sal – exportacións – comprador – forza de traballo – importacións – cubrir necesidades – vendedor/a – acumulación – supermercados – Silleda.
O comercio é unha actividade moi antiga que establece lazos de contacto entre distintas culturas. O sentido orixinal do comercio é obter os bens e servizos que non temos para para iso realizábase un intercambio directo de produtos, ao que chamamos Co tempo foron aparecendo produtos como medio de pago: o de aí deriva salario), a pementa, o gando, os grans de cacao.... Cando ten forma de pezas pequenas de metal cuñado, chámaselle
No sistema capitalista actual, para que haxa comercio, é precisa a presenza dun que oferta a ao nun mercado. No comercio interior, é dicir, dentro das fronteiras dun país, existen: mercados fixos, grandes cadeas comerciais hipermercados; mercados centrais de abastecemento, pequenos comercios, feiras de mostras (como a famosa galega de comercio ambulante, ...
Tamén se establecen relacións comerciais con outros países, o que se coñece como comercio exterior, é dicir, vendas de produtos nacionais ou e compras de produtos do exterior ou A diferenza en positivo ou en negativo entre ambos parámetros é o que se coñece como
Hogano, o sentido do comercio perverteuse. O seu obxecto xa non é servir á sociedade senón ser un medio de por parte dunha minoría social. Ata é medible co
O comercio é unha actividade moi antiga que establece lazos de contacto entre distintas culturas. O sentido orixinal do comercio é obter os bens e servizos que non temos para cubrir necesidades para iso realizábase un intercambio directo de produtos, ao que chamamos troco Co tempo foron aparecendo produtos como medio de pago: o sal de aí deriva salario), a pementa, o gando, os grans de cacao.... Cando ten forma de pezas pequenas de metal cuñado, chámaselle moeda
No sistema capitalista actual, para que haxa comercio, é precisa a presenza dun vendedor/a que oferta a mercadoría ao comprador nun mercado. No comercio interior, é dicir, dentro das fronteiras dun país, existen: mercados fixos, grandes cadeas comerciais supermercados hipermercados; mercados centrais de abastecemento, pequenos comercios, feiras de mostras (como a famosa galega de Silleda comercio ambulante, ...
Tamén se establecen relacións comerciais con outros países, o que se coñece como comercio exterior, é dicir, vendas de produtos nacionais ou exportacións e compras de produtos do exterior ou importacións A diferenza en positivo ou en negativo entre ambos parámetros é o que se coñece como balanza comercial.
Hogano, o sentido do comercio perverteuse. O seu obxecto xa non é servir á sociedade senón ser un medio de acumulación por parte dunha minoría social. Ata a orza de traballo é medible co salario
S34. As relacións comerciais de España son basicamente cos seus veciños inmediatos. Analice a seguinte táboa e gráfica.
|
Exportacións a... |
Importacións de... |
||
|
País |
Porcentaxe |
País |
Porcentaxe |
|
Francia |
19’3% |
Alemaña |
15’0% |
|
Alemaña |
11’4% |
Francia |
14’5% |
|
Portugal |
9’4% |
Italia |
8’5% |
|
Reino Unido |
8’5% |
Reino Unido |
5’8% |
|
Italia |
8’4% |
Países Baixos |
4’9% |
|
EEUU |
4’0% |
China |
4’3% |
|
Países Baixos |
3’1% |
Bélxica |
3’7% |
|
Bélxica |
2’8 |
Portugal |
3’3% |
|
Outros |
|
Outros |
|
Cal das seguintes gráficas é de importacións e cal de exportacións?
![]() |
|
S33 O transporte pode realizarse por distintos medios e clasificarse segundo diversos criterios. Clasifique os seguintes medios de transporte: metro, hidroavión e bicicleta eléctrica.
S34. Analice os textos recollidos sobre o dereito á educación. Que teñen en común? Respéctanselle a todos os nenos e nenas do mundo ese dereito?
S35 Segundo datos da fundación Intervida, a comezos do ano 2008, había 774 millóns de adultos analfabetos no mundo, dos que 150 millóns vivían na África subsahariana. A poboación mundial está próxima aos 6.700 millóns de habitantes. Que porcentaxe da poboación mundial é analfabeta? Que porcentaxe é subsahariana? Que nos din estes datos?
S36 Os principais fluxos turísticos diríxense a Europa, ao Caribe, ao sueste asiático e ao norte de África. Observe a táboa: na primeira columna reflíctense os dez primeiros países do mundo por número de visitantes. Na segunda podemos ver os ingresos dos países que figuran entre os dez que obteñen máis beneficios.
-
Complete a táboa. Coa axuda dun atlas, indique nela en que continente está cada país dos citados.
-
Na columna da dereita ordene, con números, os países por maior número de ingresos. Australia e Turquía, que non aparecen nesta listaxe, están entre os dez países con máis ingresos pero non entre os máis visitados.
|
País |
Continente |
Chegada de turistas (millóns) |
Ingresos xerados (miles de millóns) 2006 |
|
|
|
79'1 |
85.7 |
|
|
|
58'5 |
51.1 |
|
|
|
51'1 |
85.7 |
|
|
|
49'6 |
33.9 |
|
|
|
41'1 |
38.1 |
|
|
|
30'7 |
33.7 |
|
|
|
23'6 |
32.8 |
|
|
|
21'4 |
- |
Australia (8º) |
|
|
20'3 |
16.9 |
|
|
|
20'2 |
- |
Turquía (9º) |
S37 Analice estes documentos e compare a situación sanitaria do Primeiro e do Terceiro Mundo.
|
Andazos epidémicos
|
|
"... a asistencia sanitaria esencial baseada en métodos e tecnoloxías prácticos, cientificamente fundados e socialmente aceptables, posta ao alcance de todos os individuos e familias da comunidade mediante a súa plena participación e a un custo que a comunidade e o país poidan soportar, en todas as etapas do seu desenvolvemento cun espírito de responsabilidade e autodeterminación. A atención primaria forma parte integrante do sistema nacional de saúde, do que constitúe a función central e o núcleo principal, e do desenvolvemento social e económico global da comunidade. Representa o primeiro nivel de contacto dos individuos, a familia e a comunidade co sistema nacional de saúde, leva o máis preto posible a atención de saúde ao lugar onde residen e traballan as persoas, e constitúe o primeiro elemento dun proceso permanente de asistencia sanitaria." |
|
A crise sanitaria agrava a desesperanzadora situación humanitaria en Etiopía 2008 -- O aumento da desnutrición e a ameaza de andazos epidémicos exacerban a crise humanitaria en Etiopía. A OMS está a colaborar co Goberno e con asociados en pro da saúde para prestar apoio en todo o país a 4,6 millóns de persoas que necesitan imperiosamente socorro sanitario de emerxencia. |
||
|
Organización Mundial da Saúde [http://www.who.int/es/] |
Declaración de Alma-Ata, (OMS) Conferencia Internacional sobre Atención Primaria de Saúde 1978 |
S38 Nenos/as e escola. Indique se son ou non acertadas estas respostas.
-
En moitos países do terceiro mundo, as nenas e mulleres, en xeral, deben dedicar unha media de catro horas para coller auga, un ben escaso no rural.
-
Longas guerras civís, que converteron os/as nenos/as en soldados involuntarios, como o caso de Mozambique, e que limitan o número de mestres para a súa formación.
-
Os nenos e nenas do terceiro mundo non teñen interese en aprender a ler ou escribir. Non o precisan para a súa vida cotiá.
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0







