Saltar navegación

1.2.1 A agricultura

A agricultura

A agricultura é unha actividade económica importante. Nos países pouco desenvolvidos constitúe a única base da súa economía. Nos desenvolvidos é, xunto con outras áreas económicas, un piar fundamental da súa riqueza.

O espazo agrario é o territorio inserido no medio rural onde se desenvolven as actividades agrícolas, gandeiras e forestais. A paisaxe agraria é o resultado da combinación de distintos factores:

  • Factores físicos.

    • Clima: os cultivos dependen das precipitacións e das temperaturas.

    • Relevo: inflúe pola altitude (cada 100 metros que ascendamos sobre o nivel do mar, a temperatura baixa 0,6º C); pola orientación (a ladeira de solaina é apta para cultivos, entanto que a umbría non é axeitada; a exposición a ventos húmidos ou ventos cálidos e secos altera os cultivos).

    • Augas: ríos, lagos e augas subterráneas favorecen ou impiden os cultivos.

    • Solo: achega os nutrientes para os cultivos.

    • Vexetación: o humus ou materia orgánica (restos de plantas e animais) contribúe a fertilizar as terras para o cultivo.

  • Factores humanos.

    • Históricos: as actividades do sector primario xorden no neolítico e desde entón deixaron pegadas no espazo agrario.

    • Demográficos: á medida que medra a poboación precísanse máis recursos e auméntanse as terras de cultivo ou explotacións gandeiras.

    • Económicos e políticos: o aumento da demanda deriva nun incremento da poboación; os gobernos interveñen daquela na planificación da produción agraria.

    • Técnicos: buscan superar os factores físicos negativos. A mecanización moderna, os fertilizantes e a investigación tecnolóxica melloran a produción.

Elementos dos espazos agrarios

  • Hábitat rural: é o conxunto de vivendas e as súas construcións adxectivas: alpendres, cortes, hórreo, pombal... Pode ser:

    • Concentrado: as casas agrúpanse arredor dun núcleo ou fonte de auga e a certa distancia dos campos de cultivo. Propio de zonas secas.

    • Disperso: as vivendas están espalladas polo espazo agrario. Propio de zonas húmidas.

  • Parcelas: son unidades básicas de cultivo. Pódense clasificar así:

    • Segundo a forma: regulares (xeométricas) ou irregulares (sen forma definida).

    • Segundo o tamaño: grandes (latifundios, máis de 100 hectáreas) e pequenas (minifundios, menos de 30 hectáreas).

    • Segundo os límites: campos abertos, sen límites físicos, propios de zonas de secaño, e os campos pechados, rodeados dunha cerca, un valado ou unha sebe, propio de terras húmidas.

    • Segundo os cultivos: policultivo (diversos cultivos) e monocultivo (un só cultivo).

    • Segundo a produtividade: cultivo intensivo (alta produtividade) e cultivo extensivo (grandes extensións con baixa produtividade).

    • Segundo a propiedade: privada, se pertence a un individuo ou empresa; colectiva, a un grupo de individuos; e pública, a algunha institución, como o Estado.

Sistemas agrícolas

  • De consumo ousubsistencia: os agricultores producen soamente os alimentos necesarios para manteren a súa familia. Os rendementos son baixos. O número de persoas empregadas é elevado respecto á superficie cultivada. Utilízanse técnicas tradicionais.

  • Comercial oude troco: prodúcese en gran cantidade para exportar. Fanse grandes investimentos nas explotacións. Utilízanse técnicas modernas. Rendementos moi altos. Número de persoas empregadas con respecto á superficie cultivada, baixo.

   Apeiros tradicionais

Apeiros tradicionais

   Apeiros tradicionais

Eixada, aixada, legón

Eixada, aixada, legón

                                                                      A

 

Sistemas agrícolas dos países subdesenvolvidos

  • Agricultura itinerante do lume.Consiste en abater e queimar a vexetación inicial para poder plantar a especie desexada. As cinzas producen unha fertilidade inicial, pero en poucos anos esta descende moito e os labregos vense obrigados a repetir o ciclo noutra zona. Sucesión cronolóxica deste sistema:

  • Clareo → incendio → cultivo → abandono

    O sistema de agricultura itinerante está deforestando grandes zonas de bosque tropical. A achega química nesta agricultura é case nula, a tecnificación é moi escasa e os rendementos moi baixos.

  • Agricultura intensiva de regadío.Con abundante man de obra e irrigación intensiva increméntanse as producións ata conseguir dúas ou tres colleitas (case sempre de arroz), ao ano. É un modelo agrícola moi pouco tecnificado.

  • Agricultura de monocultivo. A actividade agraria dedícase á produción masiva de poucos produtos: café, cana de azucre, algodón, café ou bananas. É unha agricultura especializada para produtos de exportación. Predomina en América latina e zonas de África central. Os sistemas de cultivo e a produción están controlados polos países do Primeiro Mundo, que demandan estes produtos exclusivos das zonas climáticas cálidas.

Sistemas agrícolas dos países desenvolvidos

  • Agricultura comercial intensiva.Dotada de técnicas avanzadas e elevados investimentos, obtén produtos de calidade para o esixente mercado dos países ricos. Practícase en zonas con pouca terra cultivable e con alta densidade de poboación. En explotacións familiares ou de pequenas empresas obtéñense produtos agrícolas e gandeiros perecedoiros: leite, carne ou os relacionados coa horticultura e a avicultura. Son explotacións agrarias intensivas de alta rendibilidade.

  • Agricultura comercial extensiva.Cultívanse grandes extensións de terreo, dedicados case sempre á produción de cereais. Para abaratar custos, reducir man de obra e obter altos rendementos, os labores agrícolas están moi mecanizados. Produtividade por hectárea, baixa. Pero en conxunto é moi rendible porque se exporta gran parte do produto. As explotacións son de potentes empresas agrarias.

  Os cereais na dieta humana Os cereais na dieta humana  Os cereais na dieta humana

 Os cereais na dieta humana

                               Os cereais na dieta humana

 

 O nivel de consumo de cereais na dieta indica o grado de desenvolvento dun pais.
O menor consumo supón dieta máis variada, máis rica en elementos nutritivos.

 

Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0