1.2.7 A minaría en Galicia
Galicia ten grandes reservas de ferro, chumbo, magnesita, titanio e tamén granate, unha pedra semipreciosa. Mención especial merecen as explotacións de rochas: granitos, arxilas e lousas.
O granito é a rocha predominante en Galicia. Desde sempre, explotáronse os depósitos de granito mediante canteiras. É unha rocha dura, pero sofre procesos de meteorización e disgréganse os minerais que a compoñen. Así, o seixo acumúlase en areas nas praias. A mica orixina as arxilas. O feldespato forma caolíns.
As arxilas foron extraídas desde antigo nas barreiras. Con elas fanse tellas ou ladrillos, que se cocen nas telleiras.
Outra rocha abundante, na Galicia oriental, é a lousa, gris ou moura, orixinada pola transformación das arxilas. A explotación da lousa ten importancia económica, pois extráense milleiros de toneladas, que se exportan na maior parte.
Non obstante, esta abundancia de materia prima non se transforma industrialmente en Galicia, senón que se exporta maioritariamente, sen sufrir transformación. Tal ocorre co wolfram, co zinc, co cobre, co seixo e co estaño.

S19 Pesca en Galicia:
-
Defina Galicia desde o punto de vista pesqueiro.
-
Por que Galicia é a primeira zona pesqueira española?
-
Esquematice as condicións xeográfico-biolóxicas das augas mariñas galegas.
-
Por que o afloramento favorece a fauna mariña?
S20 Pesca e marisqueo:
-
- En que caladoiros traballan os pesqueiros galegos?
-
A que chamamos marisqueo?
-
Como é a actividade de marisqueo?
S21 Minaría:
-
- De que minerais ten Galicia grandes reservas?
-
Que rochas se exportan en cantidade desde Galicia?
-
Cal é a rocha máis abundante de Galicia?
S22. Relacione cada palabra coa súa definición
| Caladoiro | |
| Fretar | |
| Sobrepesca | |
| Grande altura | |
| Pesca de altura | |
| Pesca artesanal | |
| Piscifactoría | |
| Plancto | |
| Batea | |
| Lonxa | |
| Flota pesqueira | |
| Pesca de baixura | |
| Augas xurisdicionais | |
| Plataforma continental |
-
H
F
I
C
B
D
N
O
G
A
E
M
K
L
Licenciado baixo a Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike License 3.0