Unha receita de cociña

Ingredientes:

- 500 g de arroz bomba. - 1 lumbrigante mediano

- 1 allo porro. - 2 cebolas medianas

- 1 cenoria. - ½ pemento vermello

- 1 dente de allo. - 1 tomate maduro

- 1 chorro de brandy. - 1,5 l de caldo (cebola, cenoria, porro).

- Azafrán. - Aceite e sal.

Tempo: 45 minutos

Comensais: 4 persoas

Arroz caldoso con lumbrigante

 imaxe02

  1. Cocemos o lumbrigante 15 minutos en auga con pouco sal (logo nesta auga imos facer o caldo).

  2. Apartamos a cabeza do lumbrigante e pelamos a cola e mais as pinzas.

  3. Na auga de cocer o lumbrigante facemos un caldo con media cebola, un porro, unha cenoria e mais a cabeza do lumbrigante. Coamos e reservamos quente.

  4. Amolecemos nunha paella con aceite as verduras e o tomate, pelado e sen pebidas, todo picado miúdo, e botámoslles sal.

  5. Cando as verduras estean amolecidas engadimos o azafrán e un chorro de brandy e deixamos facer uns minutos. Logo disto engadimos o arroz e refogámolo.

  6. Logo engadimos o caldo ben quente (tres veces de caldo por cada unha de arroz) e deixámolo facer primeiro dez minutos a lume forte e logo outros dez a lume suave, pero que non pare de ferver. Se vemos que queda enxoito engadimos máis caldo. O arroz ten que quedar caldoso.

  7. Cando falten cinco minutos engadimos a cola do lumbrigante cortada en toros e as pinzas pola metade.

  8. Deixamos repousar tapado uns cinco ou dez minutos e servimos.

Receita extraída de

[http://abibliotecadefillos.blogaliza.org/2011/04/13/arroz-caldoso-con-lumbrigante/]

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License