Se ten acceso a internet vexa o vídeo que leva por título: A cova de Ceza. O enderezo é o que se sinala a seguir. Se non ten acceso, vexa na televisión un programa de tipo informativo, como as reportaxes sobre animais ou sobre asuntos históricos.
Actividade proposta
Actividades propostas
S1. Vexa o texto 2.1 ou o programa e responda ás cuestións.
Cal é o tema principal?
É este un texto instrutivo? Por que?
S2. Textos coma os que acaba de ver axúdannos a aprender e comprender diversos saberes do mundo que nos rodea e pódese dicir que son máis didácticos e amenos que a maioría dos textos escritos cuxa finalidade sexa tamén ensinarnos. Pero, sabería dicir por que sucede iso?
S1
No vídeo explícanse as precaucións que se deben tomar cando se entra nunha cova destas características, a orixe da cova, os materiais que a forman e os tipos de formacións calcáreas (estalactitas, estalagmitas e coadas) que se poden atopar nela
Si, porque se nos explica como funcionan un determinado número de elementos: desde os focos que son necesarios para entrar na cova ata as formacións calcáreas que hai nela. Esas explicacións orais son complementadas polas imaxes que vemos, o cal nos facilita aínda máis a comprensión do texto que temos diante
S2
Isto sucede porque os textos audiovisuais teñen máis recursos que os escritos, nos que o seu propio formato, limitado polo papel, só permite que o texto se vexa acompañado por fotografías. Mais nos textos audiovisuais iso non é así, pois a voz narradora que nos explica como funcionan as cousas pode apoiarse nas imaxes en movemento do vídeo e na música tamén para complementar o narrado. Iso fai que o texto audiovisual resulte máis ameno e, en certa forma, que consiga instruírnos mellor que un texto escrito.