2.5.2 Hai monstros
-
Hai xente que di que é mellor non falar destas cousas.
Din que non é un fenómeno tan frecuente como para lle dar tanta importancia. Din que só lle ocorre a quen o busca. “Eses agresores son uns tolos aos que lles vemos as intencións. Se non te achegas a eles, nada che ha ocorrer.” Ou din que só pasa en ambientes marxinais, moi deteriorados. E, ademais, non poñen moita atención no que oen. Aseguran que os nenos teñen moito maxín e con iso queren dar a entender que din moitas mentiras.
Pero non é tal.
Logo desta aventura, falei polo miúdo co comisario Santos, do barrio, e el proporcionoume moitos datos sobre o tema. A policía ten comprobado que neste terreo, os nenos nunca menten. Poden calar, por medo, pero, se falan, nunca menten. E tal acontece en todos os niveis sociais. Hai máis vítimas disto que de doenzas infecciosas ou envelenamentos. Un 19% dos adultos confesa ter sido vítima antes dos 17 anos. O 20% dos casos que chegan ao Grupo dos Menores da policía corresponde a este tema. E no que respecta ao pervertido, o perfil é tan amplo que se pode afirmar que non existen características definitorias deste tipo de criminais. Houbo de idades comprendidas entre os vinte e os cincuenta anos, de todos os niveis intelectuais, licenciados e analfabetos, ricos e pobres. En máis dun 50% dos casos o agresor foi o pai ou un parente moi achegado.
Pero aínda hai xente que di: “Non, non falemos deste tema. É inmoral!”.
Convertérono nun vergoñento tabú. Os prexuízos, a rabia e mesmo o amor dos pais, mal entendido, converten á vítima en culpable. Mira que te teño avisado! –berran-. Mira que che dixen que non saíses! Mira que che dixen que non chegases tarde!
Mira que che teño dito que non puxeses ese vestido! Bótanlle a culpa á coitada da rapaza ou do rapaz, cando estes aínda non se recuperaron da terrible agresión. Ás veces, os máis irascibles chegan a castigar á vítima: “Pois agora non sairás nunca máis!” [...]
Martín, Andreu e Ribera, Jaume,
Alfagann é Flanagan, tradución de Xavier Rodríguez Baixeras, Xerais, Vigo, 1996
Actividades propostas
S9 Nas seguintes oracións substitúa os elementos subliñados por pronomes persoais da serie tónica (pode haber máis dunha posibilidade).
- Fun con Alexo ao médico para facer a revisión médica anual.
- Con Raquel e Marta non vas ter problemas, iso seguro.
- Luís fixo o exame o mellor que puido. Os amigos estiveron esperando por Luís máis de media hora.
- Faime caso, con Ánxel e Nati no medio, non imos a ningún lado.
- Pedro non sabía que Antón e Felisa ían pasar por alí. De aí que Pedro quedara todo sorprendido cando Antón e Felisa apareceron.
-
Fun con ao médico para facer a revisión médica anual.
-
Con non vas ter problemas, iso seguro.
-
Luís fixo o exame o mellor que puido. estiveron esperando por máis de media hora.
-
Faime caso, con no medio, non imos a ningún lado.
-
Pedro non sabía que ían pasar por alí. De aí que quedara todo sorprendido cando Antón e Felisa apareceron.
Actividade proposta
S10 No texto Hai monstros, localice os pronomes persoais átonos e sublíñeos.
Actividade proposta
S11 Neste texto hai algún pronome demostrativo. Localíceo e sublíñeo.
S12 Nas seguintes oracións substitúa o sintagma ou sintagmas subliñados polos pronomes átonos correspondentes. Faga as contraccións que cumpra.
-
Coloquei os libros no andel.
-
Hoxe preparei a cea a meus irmáns.
-
Non quero contar ese segredo a ninguén.
-
Gastamos todos os aforros este verán.
-
Tiven que contar todo o asuntoa Iria.
-
Regaloume os cadros.
-
Mercoulles uns libros moi interesantes.
-
Contei a ti unha historia de medo.
-
Contei a tiunha historia de medo.
-
Enviei un correo electrónico a vós.
-
Enviei un correo electrónicoa vós.
-
Debes explicar a eles claramente as túas razóns.
-
Anxo mandou un regaloa seus avós.
-
Tiven que contar a meus paisa novidade.
Propoñémoslle uns exercicios interactivos nesta ligazón:
Ha atopar unha fiestra co contido "pronomes persoais" e outras que lle permitirán repasar contidos xa vistos, coa posibilidade de autoavaliarse.
Máis exercicios cos solucionarios na ligazón:
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License