2.4 Textos de instrución (aspectos teóricos)
As instrucións están presentes na nosa vida cotiá. Pensemos en exemplos habituais como o servizo de reparacións telefónico, a procura de información das nosas contas bancarias a través de internet ou o caixeiro automático, entre outros moitos casos.
Cando lle explicamos a alguén unha receita de cociña, cando indicamos o xeito de chegar a un determinado lugar, cando ensinamos a facer un punto de labor..., estamos a producir textos de instrución. Tamén son textos de instrución as indicacións para montar un aparello, para administrar un medicamento, etc.
Como ve, os textos de instrución teñen como obxectivo ensinarlle ao receptor a maneira de realizar un proceso, é dicir, axudar dirixindo, ensinando, ordenando ou aconsellando realizar determinadas accións para obter un resultado concreto.
Características, tipos, estrutura e forma lingüística dos textos instrutivos
-
Características xerais
-
Están estreitamente relacionados coa situación en que se producen e cos coñecementos compartidos polo emisor e o receptor.
-
Son textos moi variados e frecuentes na vida cotiá.
-
Combínanse adoito coa exposición (cando se explica o obxectivo do texto) e coa descrición (cando se describen os elementos que se van ensinar a manexar).
-
Tipos. Son textos instrutivos as regras dos xogos, as receitas de cociña, as instrucións para o manexo dos aparellos, leis e regulamentos, instrucións para facer exercicios ximnásticos, etc…
-
Estrutura. Consta de dúas partes: o obxectivo que se pretende e as instrucións para logralo.
-
Obxectivo: a finalidade do texto. Pode reducirse a un título (receita de cociña) ou alongarse en forma de texto explicativo.
-
Instrucións: seguindo unha orde lóxica (causa-efecto) ou cronolóxica, presentan os pasos que deben seguirse para alcanzar o obxectivo.
-
Nalgúns textos, esta orde indícase mediante numeración. Exemplo: 1. Descolgue o auricular. 2. Insira as moedas na regaña. 3. Agarde ata escoitar o ton de marcar. 4. Marque o prefixo da provincia…
-
Esta orde pode establecerse no texto mediante o uso de marcadores temporais: en primeiro lugar, despois, a continuación, finalmente... Exemplo: En primeiro lugar descolgue o auricular, a continuación insira as moedas na rañura...
As ideasdistribúense en parágrafos. As instrucións agrúpanse en alíneas nas que se trata un só temaou subtema. Adoitan ir acompañados de elementos tipográficoscomo números, viñetas, símbolos…
-
Forma lingüística
-
Predominio da función apelativa ou conativa, xa que a súa finalidade é regular a conduta futura do receptor.
-
Uso de formas verbais conativas: futuro apelativo (Tomaremos unha cápsula cada hora); imperativo (Colla unha tixola); infinitivo (Cocer as castañas) ou perífrases (Debe cocer as castañas…).
-
O uso das formas impersoais suaviza as ordes (Cócense as castañas…).
-
Uso da segunda persoa, xa que o texto se dirixe a un receptor.
-
Léxico denotativo e preciso xa que son textos utilitarios. Abundancia de tecnicismos.
-
Sintaxe simple: oracións ordenadas e non moi longas.
-
Recursos tipográficos: títulos, subtítulos, sangrías, subliñados…
-
Iconas, gráficos, ilustracións: a súa presenza facilita a comprensión do texto.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License