2.2 Buscamos información

Ata hai poucos anos, cando necesitabamos informarnos sobre un tema concreto, acudiamos a unha biblioteca a consultar libros e enciclopedias, a unha hemeroteca a consultar xornais ou directamente a persoas que podían proporcionarnos esa información. Actualmente, os medios de información dixital, tal e como vimos en unidades anteriores, son moi útiles para estarmos ben informados do que sucede no mundo e na sociedade na que vivimos. Cuestións sobre política, deporte, economía, sociedade, etc, podémolas atopar doadamente en internet.

Ademais diso, tamén temos información histórica, literaria e lingüística de moitas e diversas linguas, entre elas, o galego e o castelán. Nesta ocasión, imos centrarnos na primeira delas, o galego. O que debe facer deseguido é:

mación histórica, literaria e lingüística de moitas e diversas linguas, entre elas, o galego e o castelán. Nesta ocasión, imos centrarnos na primeira delas, o galego. O que debe facer deseguido é:

Actividades propostas

S3. Se ten acceso a internet, localice as seguintes páxinas web e consulte a información que hai nelas (se non dispón dese acceso, busque información sobre a historia da lingua galega nunha biblioteca). Tome notas da información escoitada ou lida.

[http://cadernodelingua.wordpress.com/2007/12/09/historia-da-lingua-galega/]. O debuxo “Historias de Galicia” é un hipertexto. Prema nel para ver un vídeo relacionado coa historia da lingua galega).

[http://gl.wikipedia.org/wiki/Historia_da_lingua_galega]. Lea só ata o apartado titulado “Séculos escuros” incluído).

S4. Logo de ler e ver a información que se lle propuxo na actividade anterior, escriba, mediante un procesador de textos ou por medios tradicionais e coas súas propias palabras, un texto (extensión máxima dun folio) cuxo título debe ser: “A historia da lingua galega”. Cando o remate, páselle o corrector ortográfico e revíseo manualmente. Imprímao.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License