5. Exercicios de autoavaliación

Exercicios de autoavaliación

Cal é a finalidade dos textos de instrución?


Amosar a opinión dun autor sobre un determinado proceso.

Instruírnos

Amosar o xeito de realizar un proceso para obter un resultado.

Entender mellor o resto de tipos de textos nas dúas linguas do ámbito.


Como debe ser a linguaxe nun texto de instrución?


Debe estar nun rexistro coloquial da lingua.

Debe ser igual que a de outros textos escritos.

Debe ser o máis complexa posible.

Debe ser clara e precisa,que non leve a dúbidas ou erros.


Que outras características debe posuír un texto instrutivo?


A información que nel aparece debe formularse nunha orderigorosa que explique cal é a secuencia na que se realizan as diversas accións. Esta orde pode establecerse no texto mediante o uso de marcadores temporais.

Debe ser o máis curto posible.

Debe empregar moitas oracións subordinadas.

A información que nel aparece debe formularse nunha orderigorosa que explique cal é a secuencia na que se realizan as diversas accións. Esta orde pode establecerse no texto mediante o uso de marcadores consecutivos.


Que tempos verbais adoitamos empregar nos textos instrutivos?


O futuro e o imperfecto.

O que mellor nos conveña.

O imperativo, o presente, os verbos impersoais con se, o futuro e o subxuntivo.

O imperativo.


Que é moi frecuente nos textos de instrución?


Que os textos vaian acompañados de debuxos, esquemas, fotos..., que complementan a mensaxe mediante a utilización de imaxes.

Que, polo xeral, son de difícil comprensión.

Que sempre van acompañados de debuxos e fotos que complementan a mensaxe mediante a utilización de imaxes.

Que vaian acompañados de vídeos.


No galego, que pronomes persoais poden funcionar como suxeito dunha oración?


Todos os que nós queiramos.

Eu; ti, vostede; el/ela; nós; vós, vostedes; eles/elas.

Depende que tipo de oración teñamos diante.

eu, ti e el.


En castelán, que pronomes persoais poden funcionar como suxeito dunha oración?


Depende que tipo de oración teñamos diante.

Se e me.

As mesmas formas ca no galego.

Yo, tú, usted, él/ella, nosotros/nosotras, vosotros/vosotras, ustedes, ellos/ellas.


Indique en cal das seguintes series de palabras hai unha relación de hiperonimia


Pousada, mesón, taberna.

Barco, veleiro, fragata, carabela.

Doado, sinxelo, fácil.

Amargo, doce, salgado, soso.


En que consiste a repetición?


En utilizar nunha oración ou texto unha palabra e os seus hiperónimos, non repetindo o mesmo elemento.

En repetir a mesma palabra ou expresión en distintos lugares do texto.

En repetir ao longo dun texto unha oración varias veces.

En utilizar nunha oración ou texto a mesma palabra varias veces mediante o uso de antónimos.


Cando se produce a sinonimia?


Cando a un mesmo significado lle corresponde un só significante.

Cando a varios significados lles corresponden dous ou máis significantes.

Cando a un mesmo significado lle corresponden dous ou máis significantes.

Cando a varios significados lles corresponden un só significado.


En que consiste a elipse?


En engadir palabras que non son necesarias para a comprensión dun texto.

En engadir palabras que son necesarias para a comprensión dun texto.

É o fenómeno oposto á sinonimia.

En suprimir palabras que non son necesarias para a comprensión dun texto.


Os mecanismos de referencia interna que debemos empregar para mellorar a claridade dun texto e facilitar a súa lectura son:


O uso de pronomes, demostrativos e adverbios (deixe) e as repeticións.

Só a hiperonimia e os sinónimos.

Só as repeticións, os sinónimos e a elipse.

O uso de pronomes, demostrativos e adverbios (deixe), as repeticións, a hiperonimia, os sinónimos e a elips


Cal é un dos métodos máis sinxelos e útiles que hai para almacenar e ampliar novo vocabulario?


Exercitar a memoria a diario.

Ir escribindo as palabras novas que aprendemos nunha folla en branco.

Ir escribindo nunha folla en branco todas as palabras novas e despois buscalas nun dicionario para ver que significan.

Buscar no dicionario as palabras descoñecidas e elaborar unhas fichas que recollan información sobre elas.


Que significa o termo lingua minorizada?


Refírese a linguas que teñen poucos falantes.

É un termo da sociolingüística que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos.

Refírese a linguas sen usos restrinxidos e que teñen moitos falantes pero o seu territorio xeográfico é moi pequeno.

Refírese a linguas que teñen poucos falantes pero que abranguen un territorio xeográfico moi amplo.


Que é a substitución lingüística?


É un proceso lingüístico que se desenvolve ao longo de varios séculos e no cal un pobo A muda o código lingüístico a favor da lingua do pobo B, deixando de falar, ao mesmo tempo, a lingua propia orixinal.

 

É un termo científico de moi difícil comprensión.

É cando se substitúe unha lingua maioritaria por unha minorizada.

É un proceso lingüístico que se desenvolve ao longo dunha década e no cal un pobo A muda o código lingüístico a favor da lingua do pobo B, deixando de falar, ao mesmo tempo, a lingua propia orixinal.


Que son as linguas minoritarias?


Son aquelas que son usadas tradicionalmente nun territorio ou Estado determinado polas persoas non nativas de tal Estado, quen forman un grupo numericamente menor ao resto da poboación de tal Estado e distinta da lingua(s) oficial dese Estado.

Son as que teñen unha literatura moi pobre.

Son as que carecen de prestixio social.

Son aquelas que son usadas tradicionalmente nun territorio ou Estado determinado polos nativos de tal Estado, quen forman un grupo numericamente menor ao resto da poboación de tal Estado e distinta da(s) lingua(s) oficial dese Estado.


Indique que serie das propostas é ortograficamente correcta en lingua galega.


Amabilidade – barrer – marabilla – reventar – falabamos – lonxeva – sílava.

Amabilidade – varrer – maravilla – rebentar – falabamos – lonxeba – sílaba.

Amabilidade – varrer – marabilla – rebentar – falabamos – lonxeva – sílaba.

Amavilidade – varrer – marabilla – rebentar – falabamos – lonxeba – sílaba.


Indique que serie de las propostas é ortograficamente correcta en lingua castelá.


Sensibilidad – serbir – avogado – móbil – sorber – decisivo – víbora.

Sensibilidad – servir – avogado – móvil – sorber – decisivo – vívora.

Sensivilidad – servir – abogado – móvil – sorber – decisivo – bívora.

Sensibilidad – servir – abogado – móvil – sorber – decisivo – víbora.


Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License