7. Glosario

 

  1. Glosario

 

 

 

 

 

A

  • Átona

Sílaba sobre a que non recae o acento. Exemplos: caldo, pataca..

 

 

 

H

  • Hiperonimia

Relación que se dá entre o significado xeral que abrangue unha palabra e outra cun significado máis específico. Á palabra que ten o significado máis xeral denomínase hiperónimo; á que ten o significado máis específico: hipónimo. Exemplo: flor (hiperónimo); rosa, caravel, camelia, margarida, hortensia (hipónimos).

 

 

 

I

  • Imperativo

É un modo gramatical do verbo. Con el procúrase determinada reacción no receptor ou receptores. Enúnciase no tempo presente, mais refírese a unha acción que se ha desenvolver no futuro. Exemplos: Prepara a comida como che dixen; Pecha a porta de inmediato.

 

 

 

L

  • Linguas minoritarias

Na Carta Europea das Linguas Rexionais ou Minoritarias defínense as linguas minoritarias como aquelas que son usadas tradicionalmente nun territorio ou Estado determinado polos nativos de tal Estado, quen forman un grupo numericamente menor ao resto da poboación de tal Estado e distinta da lingua(s) oficial dese Estado.

 

 

 

S

  • Sociolingüística

É a parte da socioloxía e da lingüística que estuda a relación entre a lingua e a sociedade.

  • Substitución lingüística

É un proceso lingüístico que se desenvolve ao longo de varios séculos e no que un pobo A muda o seu código lingüístico a favor da lingua do pobo B, deixando de falar, ao mesmo tempo, a lingua propia orixinal. O proceso de substitución lingüística caracterízase polo abandono interxeracional dunha lingua a favor doutra. Isto significa que os pais non ensinan a súa lingua materna aos fillos, senón a nova lingua, máis prestixiosa socialmente, que a substitúe.

 

 

 

T

  • Tónica

Sílaba pronunciada máis forte ou máis aguda que as demais nunha palabra. Exemplos: caldo, pataca..

 

 

 

V

  • Verbos impersoais

Son aqueles que non constan de suxeito. Polo xeral, son verbos que fan referencia a fenómenos meteorolóxicos. Exemplos: Como chove!, Onte nevou na vila de Noia.

 

 

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License