Círculo: da materia dos soños

Se ten acceso a internet, vexa o vídeo titulado Círculo: da materia dos soños, de Suso de Toro,dispoñible nas seguintes páxinas:

Esta páxina recibe o nome de Biblioteca Virtual Galega e é unha das moitas que existen en internet e que poñen ao noso alcance diversos recursos que nos poden ser moi útiles (fragmentos dixitalizados de libros, vídeos, audios...).

Como pode observar, se vai á páxina da biblioteca, esta está dividida en varias seccións. Como o que pretendemos é ver un vídeo, deberá dirixirse á sección titulada Videoteca. Xa nela, hanlle aparecer varias opcións; como o vídeo que buscamos é unha lectura dunha obra narrativa debe premer na opción Títulos de narrativa. A continuación, e na nova pantalla que ten diante, prema na opción “Círculo: da materia dos soños” desde onde será dirixido a unha nova páxina na que debe escoller a opción “Vídeo” que aparece nela. A seguir, escolla a opción Alta cualidade para ver narrado de forma oral ese fragmento literario de Suso de Toro.

 

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License