6.2 Solucións dos exercicios de autoavaliación
-
Cal é a finalidade dos textos de instrución?
-
Amosar o xeito de realizar un proceso para obter un resultado.
-
Como debe ser a linguaxe nun texto de instrución?
-
Debe ser clara e precisa,que non leve a dúbidas ou erros.
-
Que outras características debe posuír un texto instrutivo?
-
A información que nel aparece debe formularse nunha orderigorosa que explique cal é a secuencia na que se realizan as diversas accións. Esta orde pode establecerse no texto mediante o uso de marcadores temporais.
-
Que tempos verbais adoitamos empregar nos textos instrutivos?
-
O imperativo, o presente, os verbos impersoais con se, o futuro e o subxuntivo.
-
Que é moi frecuente nos textos de instrución?
-
Que os textos vaian acompañados de debuxos, esquemas, fotos..., que complementan a mensaxe mediante a utilización de imaxes.
-
No galego, que pronomes persoais poden funcionar como suxeito dunha oración?
-
Eu; ti, vostede; el/ela; nós; vós, vostedes; eles/elas.
-
En castelán, que pronomes persoais poden funcionar como suxeito dunha oración?
-
Yo, tú, usted, él/ella, nosotros/nosotras, vosotros/vosotras, ustedes, ellos/ellas.
-
Indique en cal das seguintes series de palabras hai unha relación de hiperonimia
-
Barco, veleiro, fragata, carabela.
-
En que consiste a repetición?
-
En repetir a mesma palabra ou expresión en distintos lugares do texto.
-
Cando se produce a sinonimia?
-
Cando a un mesmo significado lle corresponden dous ou máis significantes.
-
En que consiste a elipse?
-
En suprimir palabras que non son necesarias para a comprensión dun texto.
-
Os mecanismos de referencia interna que debemos empregar para mellorar a claridade dun texto e facilitar a súa lectura son:
-
O uso de pronomes, demostrativos e adverbios (deixe), as repeticións, a hiperonimia, os sinónimos e a elipse.
-
Cal é un dos métodos máis sinxelos e útiles que hai para almacenar e ampliar novo vocabulario?
-
Buscar no dicionario as palabras descoñecidas e elaborar unhas fichas que recollan información sobre elas.
-
Que significa o termo lingua minorizada?
-
É un termo da sociolingüística que fai referencia a calquera lingua que, compartindo espazo xeográfico con outra ou outras, ten usos restrinxidos.
-
Que é a substitución lingüística?
-
É un proceso lingüístico que se desenvolve ao longo de varios séculos e no cal un pobo A muda o código lingüístico a favor da lingua do pobo B, deixando de falar, ao mesmo tempo, a lingua propia orixinal.
-
Que son as linguas minoritarias?
-
Son aquelas que son usadas tradicionalmente nun territorio ou Estado determinado polos nativos de tal Estado, quen forman un grupo numericamente menor ao resto da poboación de tal Estado e distinta da(s) lingua(s) oficial dese Estado.
-
Indique que serie das propostas é ortograficamente correcta en lingua galega.
-
Amabilidade – varrer – marabilla – rebentar – falabamos – lonxeva – sílaba.
-
Indique que serie de las propostas é ortograficamente correcta en lingua castelá.
-
Sensibilidad – servir – abogado – móvil – sorber – decisivo – víbora.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License