1 - Introdución
Esta unidade denomínase “Textos de instrución”. É recomendable que diariamente traballe con ela entre unha e dúas horas.
-
Ademais, debe ter en conta as seguintes cuestións:
-
A unidade contén textos e exercicios en galego e castelán, separados en dúas partes ben diferenciadas. Ambas as linguas, xunto coa estranxeira, intégranse no ámbito da comunicación.
-
A unidade consta de dous tipos de textos ou contidos: uns que levan a etiqueta de "aspectos teóricos", que son os que debe comprender e memorizar, e outros que carecen desa etiqueta, que son os que debe ler, comprender e comentar (aparecen precedidos do símbolo ).
-
Os contidos e exercicios van clasificados en bloques ou partes, relacionados con distintos aspectos do estudo da lingua: comunicación oral, comunicación escrita, coñecemento da lingua, lingua e sociedade e educación literaria.
-
Logo de rematada a unidade deberá ser capaz de:
-
Identificar, recoñecer e comprender textos orais de instrución.
-
Organizar e redactar, en soporte dixital, textos orais e escritos de instrución.
-
Comprender, organizar e resumir información extraída de páxinas dixitais para elaborar textos escritos sobre un determinado tema.
-
Resumir e redactar textos de tipo académico mediante o uso de procesadores de texto (correo electrónico).
-
Aprender e recoñecer as características que definen os textos de tipo instrutivo.
-
Recoñecer e usar adecuadamente os pronomes persoais, demostrativos…
-
Recoñecer e usar adecuadamente algúns mecanismos de referencia interna presentes nas dúas linguas do ámbito: repeticións, sinónimos, elipses.
-
Aprender e usar estratexias de autoavaliación mediante o uso de patróns establecidos.
-
Aprender e usar estratexias para lembrar, almacenar e ampliar novo vocabulario.
-
Coñecer as principais linguas minorizadas que existen en España e no mundo.
-
Coñecer as características das principais linguas minorizadas que existen en España e no mundo.
-
Diferenciar entre obras literarias de tipo audiovisual e escritas.
-
Aproveitar e manexar adecuadamente os recursos que nos ofrecen as bibliotecas virtuais.
-
Consultar e utilizar talleres literarios virtuais.
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License