2.5.1 Os pronomes perosais
Os pronomes son unha clase de palabras ou categoría gramatical que nos permiten referirnos ás persoas ou ás cousas sen nomealas directamente. Ao escribirmos ou falarmos, os pronomes sérvennos para construír mellor os nosos textos. Con eles podemos referirnos a cousas ou persoas xa coñecidas sen necesidade de repetir os seus nomes, evitando así reiteracións innecesarias.
Os pronomes persoais son os que sinalan as tres persoas gramaticais que interveñen na conversa: eu, nós, o falante/s; ti, vós, vostede/s, o oínte/s; el, ela, eles, elas, aquel ou aquilo do que se fala. Posúen diferentes formas segundo a función que desempeñen na oración, que serán as propias dun sintagma nominal. Segundo esta función, os pronomes poden ser tónicos ou átonos:
-
Ela marchou ao cine (suxeito, forma tónica).
-
Irei con ela ao cine (CC, forma tónica).
-
Escoiteite atentamente (CD, forma átona).
Formas dos pronomes persoais en galego
-
Serie tónica: fórmana os pronomes que desempeñan función de suxeito (eu, ti, el…);as utilizadas despois de preposición ou das conxuncións comparativas ca ou coma (Chegou comigo; O neno vén connosco; O agasallo era para min; Durmo máis ca vós); as formas de cortesía (Vostedes poden saír antes).
Número
Persoa
Singular
1ª
eu
min
comigo
2ª
ti /vostede
contigo
3ª
el/ela
si
consigo
Plural
1ª
nós/nosoutros, -as
connosco
2ª
vós/ vosoutros, as / vostedes
convosco
3ª
eles, elas
si
consigo
-
Serie átona:forman dúas series, segundo funcionen de complemento directo ou indirecto:Ensinoulles(CI) o coche. Mercouno (CD) onte.
Para o CD de 3ª persoa hai tres formas distintas:
-
lo, la, los, las utilizarémolas:
-
Cando o verbo remata en –r ou –s: Vai arranxalo miña nai.
-
Tras os pronomes átonos nós, vós, lles: Non nolo presentaron; Non llelo contes.
-
Tras o adverbio u (onde?): -Aí vén Miguel. –Ulo?
-
no, na, nos, nas, cando o verbo remata en ditongo: Levouno da man.
-
o, a, os, as, nos demais casos: Eu non o fixen; Téñoas aquí.
-
Número
Persoa
Singular
1ª
me
2ª
che
te
3ª
Masc
lle
o, lo, no
se
Fem
a, la, na
Plural
1ª
nos
2ª
vos
3ª
Masc
lles
os, los, nos
se
Fem
as, las, nas
Normas para a colocación dos pronomes átonos
-
Non poden nunca iniciar unha frase: a frase * Te vin é incorrecta; a correcta é Vinte.
-
Van polo xeral despois do verbo (posición enclítica): Díllelo. Saudoume.
-
Colócanse antes do verbo nestes casos:
-
Nas oracións negativas: Ninguén me viu. Eu non o fixen.
-
Nas interrogativas e exclamativas iniciadas por un adverbio ou pronome: Que lle fas? Quen che dera!
-
Nas desiderativas: Deus te oia.
-
Nas oracións subordinadas: Ela díxome que llo dera.
-
Cando o verbo vai precedido de determinados adverbios (xa, axiña, aínda, mesmo, sempre, tamén, acaso, seica…): Xa te vereu mañá. Eu taméin o vin.
-
Cos indefinidos ninguén, nada, ningún/ningunha, alguén, algo, ambos/-as, bastante, calquera, mesmo, todo, todos/-as: Ninguén me di a verdade.
-
Cos infinitivos e xerundios xeralmente van pospostos: É doado dicilo. Riu dándolle as grazas.
Concorrencia das formas átonas (contraccións)
A concorrencia dun pronome átono de CD e un pronome átono de CI dá lugar a formas contractas. Por exemplo:
-
Deixoume os cadernos: deixoumos.
-
Deixoulle os cadernos: deixoullos.
-
Deixoulles os cadernos: deixoullelos.
Contraccións das formas átonas do pronome persoal
-
o
a
os
as
-
me
mo
ma
mos
mas
-
che
cho
cha
chos
chas
-
lle
llo
lla
llos
llas
-
nos
nolo
nola
nolos
nolas
-
vos
volo
vola
volos
volas
-
lles
llelo
llela
llelos
llelas
-
Pronomes demostrativos, posesivos...
Os determinantes demostrativos, posesivos, etc. (estudados na unidade 3) poden funcionar tamén como pronomes cando non acompañan o nome senón que se refiren a el. Por exemplo:
-
Póñame estas laranxas (det. demostrativo), pero Póñame estas(pron. demostrativo).
-
Quero as miñas entradas (det. posesivo) pero Quero as miñas(pron. posesivo).
Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License