2.6.1 Linguas minorizadas (aspectos teóricos)

i

  • Ver Glosario: sociolingüística; substitución lingüística; linguas minoritarias

 

Lingua minorizada é un termo sociolingüístico que refirea ás linguas que, compartindo espazo xeográfico con outras, teñen usos restrinxidos. Dáse, por exemplo, cando unha lingua só se usa no ámbito familiar, e non no público, oficial, profesional, etc. Unha das razóns que levan a unha situación de minorización é un proceso de substitución lingüística, pero na maior parte dos casos, as linguas minorizadas nunca chegaron historicamente a desenvolver todos os rexistros e usos posibles. A esas linguas denominóuselles tradicionalmente linguasminoritarias, termo erróneo, posto que a minorización non depende do número de falantes, senón do estatus que goce a lingua.

A minorización lingüística pode ter causas predominantemente políticas, que se manifestan nas normas de uso lingüístico explícitas ou sociais, expresadas na conciencia ou representación social. Esa situación pode impedir a normativización ou a codificación e o cultivo da lingua (por exemplo, a clase alta prefire e impulsa o francés en Luxemburgo e acaba impedindo o desenvolvemento do idioma luxemburgués).

A minorización pode ser reversible como consecuencia da vontade firme dun pobo e das políticas dos seus gobernos (é o caso do finés, húngaro, islandés, noruegués, polaco e checo). Hai aínda casos de resurrección de linguas, como a recuperación da lingua hebrea como vehículo de comunicación, dado que quedara reducida aos usos litúrxicos xa en tempos de Xesucristo. En España, son linguas de carácter oficial minorizadas o galego, o eúscaro, o catalán (e a súa variante valenciá) e o aranés.

Actividades propostas

S18 Localice e marque no mapa os países onde se falan as seguintes linguas: finés, húngaro, islandés, noruegués, polaco, checo e luxemburgués.

 

S19 Busque nunha enciclopedia ou en internet, por exemplo na Galipedia (http://gl.wikipedia.org/wiki/Portada), información sobre as seguintes linguas minorizadas: finés, húngaro, islandés, noruegués, polaco, checo e luxemburgués. Na seguinte táboa, escriba de xeito resumido a información máis salientable (en que estado se atopan na actualidade, cantas persoas a falan...) que atopou sobre esa linguas.

  • Finés

 

  • Húngaro

 

  • Islandés

 

  • Noruegués

 

  • Polaco

 

  • Checo

 

  • Luxemburgués

 

S20. Explique coas súas propias palabras (e sen recorrer a ningún texto de apoio) por que o galego é unha lingua minorizada e o castelán non.

Obra colocada bajo licencia Creative Commons Attribution Non-commercial Share Alike 3.0 License