Saltar navegación

Organízate

O reto final

Pictograma de organización

Organízate!

Pictograma de grupoDivisión en grupos

Unha vez coñecido o reto, toca organizarse en grupos de traballo para amosar ao mundo todos os coñecementos adquiridos. Como o faredes?:

  1. O profesor ou profesora dividirá o alumnado da aula en catro grupos, co mesmo número de membros en cada un deles.
  2. Unha vez formados os grupos, cada grupo escollerá unha das catro civilizacións. No caso de non poñerse de acordo os catro grupos, o profesor ou profesora fará o reparto. 

Pictograma de traballo en grupoReparto das tarefas

Xa pertencedes a un grupo, agora toca repartir entre todos os membros do grupo os seguintes aspectos que teredes que desenvolver das civilizacións fluviais:

  • Situación xeográfica.
  • Organización política.
  • Organización social.
  • Economía (actividades económicas).
  • Cultura e arte.
  • Relixión.

Pictograma de aventuraO reto

Coa axuda da información recibida sobre as civilizacións fluviais durante a vosa viaxe no tempo e guiados polo ou pola profe, o voso grupo terá que amosar os coñecementos adquiridos escollendo unha das seguintes actividades multinivel:

  • A través dunha presentación, usando o LibreOffice Impress.
  • Elaborando maquetas, esculturas...., que aprenderedes a facer a través de diferentes titoriais.
  • Gravar un vídeo.

Para adaptarse aos distintos niveis de aprendizaxe, no enfoque multinivel pódense flexibilizar as actividades, realizándose de xeito individual ou variando o tipo de soporte. 

Lectura facilitada

Unha vez coñecido o reto, toca organizarse en grupos de traballo para amosar ao mundo todos os coñecementos adquiridos.

O profesor ou profesora dividirá o alumnado da aula en catro grupos,

co mesmo número de membros en cada un deles.

Unha vez formados os grupos, cada grupo escollerá unha das catro civilizacións.

No caso de non poñerse de acordo os catro grupos, o profesor ou profesora fará o reparto. 

Agora toca repartir entre todos os membros do grupo os seguintes aspectos que teredes que desenvolver das civilizacións fluviais:

Situación xeográfica.
Organización política.
Organización social.
Economía (actividades económicas).
Cultura e arte.
Relixión.

O voso grupo terá que amosar os coñecementos adquiridos escollendo unha das seguintes actividades multinivel:

A través dunha presentación, usando o LibreOffice Impress.
Elaborando maquetas, esculturas...., que aprenderedes a facer a través de diferentes titoriais.
Gravar un vídeo.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)