Saltar navegación

China

China: o imperio do Leste

Máis aló do Oriente Medio atópase o continente de Asia. China foi o maior imperio do Leste asiático a partir do 1600 a. C. coa dinastía Shang. No ano 1046 a. C. a dinastía Shang foi substituída pola dinastía Zhou, ata o ano 256 a. C., cando o territorio foi unificado por Qing Shi Huang, fundador da dinastía Qing e considerado o primeiro emperador de China. O emperador estaba asistido por unha burocracia moi especializada que se encargaba do goberno.

China tamén tivo un grande papel no desenvolvemento de Europa gracias a catro inventos que hoxe son fundamentais: o papel, a pólvora, os xeados e a pasta! Estes inventos chegaron a Europa a través do comercio, principalmente pola chamada Ruta da Seda (por terra) e a Ruta das Especias (por mar). Un dos documentos máis importantes para a Historia é o diario de viaxe de Marco Polo, un mercador veneciano que viviu entre os séculos XIII e XIV e que viaxou a China. Se queres saber máis, preme aquí!

Na China tamén hai dous ríos que tiveron unha grande importancia no desenvolvemento da civilización: o Río Amarelo (Huáng Hé) e o Río Azul (Yangtsé). En todas as culturas, pero especialmente en Asia, os elementos da natureza foron moi importantes non só para o desenvolvemento económico, pero tamén o artístico. Lede o seguinte poema de Li Bai (701-762 d. C.) e comentade en grupo que sensacións vos produce e se coñecedes algún poema en galego baseado na natureza:

Pintura de Ma Yuan que representa o Río Amarelo

Despedida a Meng Haoran no Pavillón da Grúa Amarela

O meu amigo abandona o Pavillón da Grúa Amarela,

parte a Yangzhou entre flores de abril e pequenas brétemas.

A vela solitaria, xa lonxana, pérdese no inmenso azul.

Só vexo o Yangtsé que se precipita no seu encontro co firmamento.

Marco Polo foi un mercador veneciano que viviu entre 1254 e 1324. Se non fora pola extraordinaria viaxe que emprendeu, probablemente nunca teriamos oído falar del, pero grazas ao seu diario é un dos exploradores máis famosos da Historia. En 1271, Marco uniuse aos seus irmáns Matteo e Niccolò nunha viaxe cara as terras de Kublai Kahn, o emperador dos mongois. Unha vez que chegaron ás terras de Mongolia, Marco Polo converteuse en home de confianza do Kahn e serviu como emisario, un posto dende o que coñeceu outros países, especialmente China, onde a dinastía Song foi substituída pola dinastía Yuan de Kublai Kahn en 1279. Marco Polo volveu a Venecia en 1295, despois de 24 anos de viaxe! Aquí tes un mapa co seu percorrido.

Mapa coa ruta que seguiu Marco Polo cara a China

Lectura facilitada

China foi un grande imperio a partir do 1600 a. C. coa dinastía Shang.

No 1046 a. C., a dinastía Zhou tomou o control.

En 256 a. C., o emperador Qin Shi Huang unificou China e fundou a dinastía Qin.

China inventou cousas importantes como o papel, a pólvora, os xeados e a pasta.

Estes inventos chegaron a Europa polo comercio a través da Ruta da Seda e a Ruta das Especias.

Os ríos Amarelo e Azul foron clave para o crecemento de China.

A natureza foi moi importante na cultura de China.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)