Unha visión de conxunto
Neste apartado aprenderedes sobre as principais características das civilizacións da Antigüidade: como eran as sociedades, cal era o papel e a consideración da muller dentro destas sociedades, como era a súa economía, en que deuses e deusas crían e como era a súa cultura e a súa arte.
Todas teñen en común seren civilizacións fluviais, é dicir, desenvólvense a carón de ríos. Polo tanto, a presenza da auga foi un factor esencial no seu desenvolvemento, e será tamén moi importante para que poidades acadar o reto final, aprendendo a facer un uso responsable da auga.
Como vedes, hai moitos contidos que recuperar para cada unha das catro civilizacións que estamos a estudar!
Lectura facilitada
Neste apartado, aprenderedes sobre as principais características das civilizacións da Antigüidade:
- Como eran as sociedades.
- O papel e a consideración da muller.
- Como era a súa economía.
- Os deuses e deusas nos que crían.
- Como era a súa cultura e arte.
- Todas eran civilizacións fluviais, isto é, xurdiron a carón de ríos.
- A auga foi fundamental no seu desenvolvemento e será clave para o reto final sobre o uso responsable da auga.
Hai moito por aprender sobre cada unha das catro civilizacións que imos estudar!