Saltar navegación

3.3. Relixión

 

Glosario

Relixión

Collaxe de varias relixións

Definición:

Conxunto de crenzas e prácticas elaboradas polo ser humano co obxectivo de explicar a orixe do mundo e de organizar as relacións sociais.

Exemplo:

Na actualidade existen diferentes relixións no mundo.

Politeísmo

Imaxe dos deuses do panteón grego

Definición:

Crenza en varios deuses e deusas.

Exemplo:

Todas as civilizacións fluviais da antigüidade eran politeístas.

Deus/deusa

Debuxo da deusa Isis

Definición:

Ser supremo que ten diferentes poderes e atribucións segundo cada relixión.

Exemplo:

 Isis é a deusa nai na relixión do Antigo Exipto.

As crenzas nas civilizacións fluviais

Imaxe dun exploradorSeguimos coa viaxe no tempo e agora vas coñecer o importante que era a relixión nas antigas civilizacións fluviais. Posteriormente, no teu caderno de aprendizaxe, levarás a cabo unha actividade individual e outra grupal para reflexionar sobre as relixións antigas e as actuais.

Pictograma dunha ofrendaOfrendas e vida

  • Nas civilizacións fluviais practicábase o politeísmo e as súas persoas habitantes pensaban que os deuses e as deusas interviñan na  súa vida, polo que sempre buscaban o seu favor a través de oracións e ofrendas

Pictograma dunha EsfinxeDeuses e deusas case humanos

  • Crían que os deuses e as deusas tiñan un aspecto humano e, nalgunhas civilizacións, como a exipcia, mesturábanse características dos seres humanos e de determinados animais, ademais de posuír unha serie de atributos e poderes que os diferenciaban dos outros. 

Pictograma dunha sacerdotisaAs persoas representantes das divindades

  • Consideraban que soamente as persoas gobernantes podían comunicarse con eles e elas, delegando esa capacidade nos sacerdotes e nas sacerdotisas, que eran as persoas encargadas  de celebrar o culto e de entregarlle as ofrendas á divindade. 

Pictograma de DeusUn instrumento de poder

  • Como podes imaxinar, a relixión utilizouse nesas civilizacións como un modo de dominar o pobo

Lectura facilitada

  • Seguimos coa viaxe no tempo.
  • Coñecerás as relixións das antigas civilizacións fluviais.
  • No teu caderno de aprendizaxe compararás as relixións das civilizacións antigas coas actuais.
  • As civilizacións fluviais eran politeístas.
  • As súas persoas habitantes levaban a cabo oracións e ofrendas aos deuses e as deusas para que as favoreceran.
  • Crían que os deuses e as deusas tiñan aspecto humano.
  • En Exipto, nos deuses e nas deusas mesturábanse aspectos humanos e animais.
  • Os deuses e as deusas posuían atributos e poderes diferentes.
  • As persoas gobernantes eran os únicos que se comunicaban cos deuses e as deusas.
  • Os sacerdotes e as sacerdotisas celebraban o culto e entregaban ofrendas á divindade.
  • A relixión serviu como elemento para dominar o pobo. 

Tarefa: que sabes do fenómeno relixioso?

Imaxe caderno

Para comezar, anota no teu caderno todas as palabras que poidas relacionar co fenómeno relixioso, por exemplo, oración ou sacerdote. Logo poñeralas en común cos demais compañeiros e coas demais compañeiras da aula, copiando as palabras que non teñas no teu caderno.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)