Glosario
Economía
-
Definición:
-
Conxunto de bens ou actividades que forman a riqueza dun territorio ou sociedade.
-
Exemplo:
-
A economía viuse moi afectada pola crise do coronavirus.
Sociedade
-
Definición:
-
Conxunto de persoas que conviven baixo unhas normas comúns.
-
Exemplo:
-
As novas tecnoloxías cambiaron moito a sociedade.
Para completar esta fase da misión final, vas recibir unha información xeral sobre a economía e a sociedade das civilizacións que estamos estudando. Logo, serás enviado directamente a distintos puntos neurálxicos do saber antigo onde te atoparás con persoas que te recibirán e che contarán todo o que precisas saber. Estas persoas ofreceranche o seu saber a cambio do teu, ti tamén lle terás que contar como é a sociedade e a economía da túa civilización.