A India: vida e morte ao redor do Ganxes
O principal río da India é o Ganxes. O nome Ganxes significa "o que vai rápido", ten a súa orixe nos Himalaias e flúe entre a India e Bangladesh. O clima da India, a diferenza con Mesopotamia e con Exipto, non é desértico, polo que a importancia do Ganxes non se debe só ao seu caudal e á achega de auga á agricultura, senón polo enorme significado espiritual e relixioso que ten para as persoas habitantes do país.
A civilización que xurde na India sobre o 1500 a. C. é a civilización védica. Recibe o seu nome polo conxunto de textos relixiosos denominados "vedas", entre os cales o máis importante é o Rig-veda, composto de xeito oral durante varios séculos.
A diferenza doutras civilizacións, a zona da India estaba ocupada por varios pequenos reinos, pero entre os séculos VI e IV a. C. impúxose o imperio Maurya (322-185 a. C.), que foi o primeiro en unificar o subcontinente e, posteriormente o imperio Gupta. Entre os anos 200 a. C. e o 1200 d. C. prodúcese o período coñecido como "Clásico", onde se sucederon diferentes dinastías gobernantes e no que a India pasou a ser progresivamente un importante centro de comercio con outros reinos, incluídos países de Europa.

Lectura facilitada
O río máis importante da India é o Ganxes.
Vén dos Himalaias e pasa entre a India e Bangladesh.
O Ganxes é importante para a agricultura e tamén para a relixión.
A civilización védica
A civilización védica xurdiu na India no 1500 a. C..
Recibe o nome dos vedas, que son textos relixiosos.
O texto máis importante é o Rig-veda.
Os imperios da India
Ao principio, a India tiña pequenos reinos.
Logo, o imperio Maurya (322-185 a. C.) unificou a India.
Despois viñeron o imperio Gupta e outros.
A India foi un importante centro de comercio entre os anos 200 a. C. e 1200 d. C..