Glosario
Estrato social
-
Definición:
-
Cada un dos niveis nos que se divide unha sociedade en función da riqueza, poder ou importancia social.
-
Exemplo:
-
Ana e Pablo non eran do mesmo estrato social, ela era rica e el tiña que traballar arreo para poder comer.
Privilexiado-Privilexiada
-
Definición:
-
Persoa avantaxada que pode facer algo que os demais non poden ou que está libre de obrigas que os demais teñen.
-
Exemplo:
-
Sempre fuches unha privilexiada, nunca tiveches que facer as mesmas tarefas ca nós.
Historia de xénero
-
Definición:
-
Rama da Historia que trata de ofrecer unha visión máis completa do estudo da humanidade ao incorporar as relacións entre os xéneros e as súas implicacións en política, sociedade e economía. A Historia das Mulleres englóbase dentro deste campo de estudo.
-
Exemplo:
-
Grazas aos meus estudos en Historia de Xénero, puiden coñecer a existencia de mulleres medievais moi interesantes.
Excedente
-
Definición:
-
Cantidade que sobra, que hai a maiores do que se necesitaba para algo.
-
Exemplo:
-
Este ano a colleita de millo foi moi boa, temos suficiente para alimentar as nosas galiñas e podemos vender o que nos sobra para gañar un diñeiro extra.
A posesión de riqueza
O poder ou influencia
Patriarcais
Sexistas
Machistas
Agricultura
Gandería
Artesanía
Moeda e troco
Comercio
Impostos
Agora teredes que sintetizar nunhas poucas palabras, as características básicas das culturas antigas e para iso teredes que completar no cadro da mesma ficha que xa descargastes, os recadros de "sociedade antiga" e "economía antiga".