A que che soa?
De seguro que algunha vez vistes algunha película sobre cazatesouros, arqueólogos e arqueólogas aventureiras, ou xogastes a algún videoxogo relacionado con estas cousas. Pois estades de sorte: agora sodes vos as persoas protagonistas desta aventura!
Cada vez que lemos un libro, vemos unha película ou xogamos un videoxogo, hai conceptos que se nos van quedando na memoria. Este apartado é un repaso para ver que sabemos antes de poñernos a estudar as civilizacións antigas. Para saber en que punto estamos, ides responder a unha serie de cuestionarios (elixide os que queirades facer) que definirán o noso punto de partida. Tranqui, non conta para a nota!
Lectura facilitada
Seguro que vistes películas ou xogastes videoxogos sobre cazatesouros e arqueólogos aventureiros.
Agora tócavos ser os protagonistas!
Antes de comezar, imos ver canto sabedes sobre as civilizacións antigas.
Responderedes a uns cuestionarios que nos axudarán a definir o punto de partida.
Non vos preocupedes, non conta para a nota!

Agora tes que reflexionar sobre os contidos que repasamos. Para iso, abre o teu