Saltar navegación

3.4. Cultura e arte nas civilizacións antigas

Respaldo do trono de ouro de TutankamonNo seguinte apartado ides aprender sobre a cultura e a arte das civilizacións da Antigüidade, pero antes de continuar, pensade sobre as seguintes preguntas: que credes que é a arte e para que serve? Que entendemos por "cultura"? Anotade as vosas reflexións no caderno.

As civilizacións fluviais que estades a estudar coñeceron un importante avance cultural: a aparición da escritura. Ese feito marca o paso da Prehistoria á Historia. Ademais, foron culturas cunha gran riqueza artística.

A continuación ides coñecer algo máis da cultura de Mesopotamia, do antigo Exipto e das antigas India e China. Aprenderedes como e por que se inventou a escritura e que forma tiñan os primeiros escritos. En Exipto, incluso poderedes escribir o voso propio xeroglífico e adentrarvos nos templos e nas tumbas dos faraóns!

Lectura facilitada

Antes de seguir, pensade nas seguintes preguntas:
Que é a arte e para que serve?
Que significa cultura?
Escribide as vosas ideas no caderno.

A escritura e a arte nas civilizacións fluviais.

As civilizacións que estudades fixeron avances importantes na cultura.
A aparición da escritura foi un dos maiores logros e marcou o paso da Prehistoria á Historia.
Tamén tiveron unha gran riqueza artística.

O que aprenderedes.

Ides aprender sobre a cultura de Mesopotamia, Exipto, a India e China.
Veredes como se inventou a escritura e como eran os primeiros escritos.
En Exipto, tamén poderedes escribir un xeroglífico e descubrir os templos e tumbas dos faraóns.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)