Saltar navegación

Dámoslle forma aos coñecementos adquiridos

Reto: Como facemos a presentación

Pictograma dun cartelA presentación

Como facela?

Facer unha presentación de diapositivas pode parecer complicado, pero sempre podemos contar con titoriais que nos amosan que é algo sinxelo. Neste caso, verás un titorial que axudará o teu grupo a elaborala usando a ferramenta de LibreOffice Impress.

O

Que debes incluír nela?

Na presentación usaredes imaxes relacionadas e información co aspecto ou parte da civilización fluvial que vos tocou; por exemplo, se falades da sociedade do antigo Exipto, podedes incluír unha imaxe dunha pirámide de poboación.

Resumindo:

  1. No voso grupo tendes 6 aspectos ou partes a desenvolver. No caso de que sexades máis ou menos membros nun grupo, dividiredes o traballo.
  2. Cada membro do grupo traballará na parte que lle tocou, é dicir, a presentación abarcará as 6 partes relacionadas coa civilización fluvial que vos tocou.
  3. A presentación debe ter as seguintes características:
    1. Un título, por exemplo, "O Antigo Exipto", acompañado dunha imaxe.
    2. Un índice, que indique as partes que ides explicar. 
    3. Texto e imaxes que amosen información da civilización que está a traballar o voso grupo.
    4. Todas as imaxes levarán un texto explicativo, por exemplo, se incluídes unha pirámide de poboación, na base da imaxe indicaredes o que é e anotaredes a información relevante de cada grupo social representado na mesma. 
    5. Non se debe incluír moito texto e debe ser claro. Non poñer máis de 4 liñas.
    6. O tipo de letra usado na presentación deberase escoller entre Arial, Times New Roman ou Verdana. 
    7. O tamaño da letra será de 18 para o título, 16 para o encabezamento e 12 para o corpo do texto.
      • Non se deben usar cores moi rechamantes para o texto.
      • Pódense incluír vídeos e ligazóns a páxinas relacionadas coa civilización que poidan ser de interese.
      • Na última diapositiva incluirase a webgrafía e bibliografía usada na presentación.

    Rúbrica para avaliar a presentación

    Rúbrica da presentación (5x4)
     ExcelenteBoAceptableBaixo
    CONTIDOA presentación inclúe información moi clara, precisa e detallada sobre os aspectos principais das civilización fluviais. (4)A presentación inclúe información clara, precisa e detallada sobre os aspectos principais das civilizacións fluviais. (3.2)A presentación inclúe información axeitada, pero falta profundidade e claridade nalgúns aspectos principais das civilizacións fluviais. (2.4)A presentación inclúe información moi básica, pero non afonda nos aspectos principais das civilizacións fluviais. (1.6)
    ESTRUTURAA presentación ten unha estrutura moi clara e os contidos organízanse de forma excelente. (3)A presentación ten unha estrutura clara e os contidos organízanse de forma coherente. (2.4)A presentación ten unha estrutura máis ou menos clara e os contidos organízanse de xeito irregular. (1.8)A presentación non ten unha estrutura organizada, é pouco clara e os contidos non están organizados. (1.2)
    DESEÑOO deseño da presentación é excelente. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais moi orixinais e efectistas. (1)O deseño da presentación é moi bo. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais orixinais e efectistas. (0.8)O deseño da presentación é bo. Utilízanse imaxes, efectos e elementos visuais axeitados. (0.6)O deseño da presentación non é bo. Apenas se utilizan imaxes, efectos ou elementos visuais. (0.4)
    ORTOGRAFÍA E GRAMÁTICAA presentación non contén erros ortográficos nin gramaticais. O contido enténdese moi ben. (1)A presentación non contén apenas erros ortográficos nin gramaticais. O contido enténdese ben. (0.8)A presentación contén algúns erros ortográficos e gramaticais. Hai partes do contido con certa dificultade de comprensión. (0.6)A presentación contén moitos erros ortográficos e gramaticais. O contido é de difícil comprensión. (0.4)
    TRABALLO EN GRUPOO alumno ou alumna colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas das demais persoas. (1)O alumno ou alumna participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas das demais persoas. (0.8)O alumno ou alumna participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno ou alumna non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas das demais persoas. (0.4)

    Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica da presentación (5x4) (CC BY-NC-SA)

    • Actividade
    • Nome
    • Data
    • Puntuación
    • Notas
    • Reiniciar
    • Imprimir
    • Aplicar
    • Nova xanela

    Reto: Como facemos a maqueta

     Pictograma de manualidadesA maqueta

    Que temos que facer?

    Unha maqueta pode ser unha reconstrución dun elemento real (templo, escultura) ou pode servir como material explicativo (un mapa en 3D ou unha pirámide de poboación).

    Como podemos facela?

    Unha vez escollido o elemento ou material que queredes representar na maqueta, debedes seguir estes pasos:

    1. Investigar. Tedes que informarvos ben do que queredes representar (fotos, debuxos, vídeos, exemplos de maquetas que poidan existir).
    2. Debuxar. Debedes facer un bosquexo ou plano do que queredes representar.
    3. Materiais. Tedes que facer unha lista dos materiais que necesitades para a construción, como e quen os pode conseguir. Recordade reutilizar obxectos e empregar material de refugallo.
    4. Explicación. A maqueta non pode ser só unha representación, debe levar unha pequena cartela explicativa do que representa e da súa relevancia.

    Deixade voar a vosa creatividade. Aquí tendes algúns exemplos para coller ideas:

    Rúbrica para avaliar a maqueta

    Rúbrica de maqueta (5x4)
     ExcelenteBoAceptableBaixo
    FIDELIDADE HISTÓRICAA maqueta reflicte con precisión e detalle o período histórico asignado. (4)A maqueta xeralmente reflicte o período histórico asignado, con algúns detalles que faltan. (3.2)A maqueta reflicte basicamente o período histórico asignado, con varios detalles que faltan. (2.4)A maqueta non reflicte adecuadamente o período histórico asignado. (1.6)
    MATERIAIS REUTILIZADOSA maqueta utiliza de forma creativa materiais reutilizados, demostrando conciencia ambiental. (2)A maqueta utiliza algúns materiais reutilizados de forma eficaz. (1.6)A maqueta utiliza poucos materiais reutilizados de forma eficaz. (1.2)A maqueta non utiliza materiais reutilizados. (0.8)
    CARTEL INFORMATIVOO cartel é claro, conciso e contén información relevante e precisa. (2)O cartel é claro e contén información relevante, pero podería ser máis conciso. (1.6)O cartel contén información básica pero carece de claridade e concisión. (1.2)O cartel é confuso e contén pouca información relevante. (0.8)
    TRABALLO EN GRUPOO alumno ou a alumna colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas das demais persoas. (1)O alumno ou a alumna participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas das demais persoas. (0.8)O alumno ou a alumna participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno ou a alumna non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas das demais persoas. (0.4)
    CREATIVIDADEA maqueta mostra unha alta dose de creatividade no seu deseño e presentación. (1)A maqueta mostra unha certa creatividade no seu deseño e presentación. (0.8)A maqueta mostra pouca creatividade no seu deseño e presentación. (0.6)A maqueta mostra unha falta de creatividade no seu deseño e presentación. (0.4)

    Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica de maqueta (5x4) (CC BY-NC-SA)

    • Actividade
    • Nome
    • Data
    • Puntuación
    • Notas
    • Reiniciar
    • Imprimir
    • Aplicar
    • Nova xanela

    Reto: Como facemos o vídeo

    Pictograma dunha cámara de vídeoO vídeo.

    A proposta

    O tema do vídeo será unha entrevista a unha ou un personaxe importante da civilización asignada ao teu equipo. Por exemplo:

    • Antigo Exipto: Cleopatra.
    • Mesopotamia: Enheduanna.
    • India: Brahman.
    • China: Lao Tsé.

    Para gravar o vídeo pode usarse:

    • Unha cámara de vídeo.
    • Un móbil.

    Pasos a seguir

    Antes de gravar o vídeo:

    • Os membros do equipo escollerán a persoa/personaxe a quen se lle vai facer a entrevista.
    • O equipo elaborará cuestións e as súas correspondentes respostas sobre a sociedade, política, economía, arte, cultura e relixión da civilización asignada. 
    • Escollerase  un membro de equipo que fará do ou da personaxe a entrevistar e a outros dous que fagan de entrevistadores.
    • Deseñarase un vestiario acorde coa civilización asignada e, incluso, debuxar un escenario con elementos da civilización correspondente.
    • Unha vez que teñades o guión coas preguntas e as respostas, prepararedes a gravación da entrevista.

    Rúbrica para avaliar o vídeo

    Rúbrica do reto (5x4)
     ExcelenteBoAceptableBaixo
    CONTIDOO vídeo presenta información moi completa, detallada e profunda dos principais aspectos das civilizacións fluviais. (4)O vídeo presenta información completa, detallada e profunda dos principais aspectos das civilizacións fluviais. (3.2)O vídeo presenta información básica e algo detallada dos principais aspectos das civilizacións fluviais. (2.4)O vídeo presenta información escasa ou incompleta dos principais aspectos das civilizacións fluviais. (1.6)
    ORGANIZACIÓNO vídeo estrutura de forma excelente os contidos, cunha secuencia clara e coherente da información. (1)O vídeo estrutura de forma clara os contidos, cunha secuencia correcta e coherente da información. (0.8)O vídeo estrutura de forma básica os contidos, cunha secuencia máis ou menos clara e coherente da información. (0.6)O vídeo apenas estrutura os contidos, cunha secuencia pouco clara e coherente da información. (0.4)
    CREATIVIDADEO vídeo amosa moitos elementos moi creativos na vestimenta dos e das protagonistas e na decoración do espazo de gravación. (2)O vídeo amosa elementos creativos na vestimenta dos e das protagonistas e na decoración do espazo de gravación. (1.6)O vídeo amosa poucos elementos creativos na vestimenta dos e das protagonistas e na decoración do espazo de gravación. (1.2)O vídeo non ten elementos creativos na vestimenta dos e das protagonistas e na decoración do espazo de gravación. (0.8)
    PRESENTACIÓNO vídeo utiliza recursos visuais e auditivos moi creativos. (2)O vídeo utiliza recursos visuais e auditivos creativos. (1.6)O vídeo case non utiliza recursos visuais e auditivos. Presenta pouca creatividade. (1.2)O vídeo non utiliza recursos visuais e auditivos. (0.8)
    TRABALLO EN GRUPOO alumno ou a alumna colabora activamente no grupo, contribúe significativamente e mostra respecto polas ideas das demais persoas. (1)O alumno ou a alumna participa eficazmente no grupo e mostra respecto polas ideas das demais persoas. (0.8)O alumno ou a alumna participa dun xeito básico no grupo e mostra certa colaboración. (0.6)O alumno ou a alumna non colabora eficazmente no grupo e mostra falta de respecto polas ideas das demais persoas. (0.4)

    Elaboración propia (proxecto cREAgal). Rúbrica do reto (5x4) (CC BY-NC-SA)

    • Actividade
    • Nome
    • Data
    • Puntuación
    • Notas
    • Reiniciar
    • Imprimir
    • Aplicar
    • Nova xanela

    Diario de aprendizaxe

    Icona do diarioUnha vez terminada esta fase, toca reflexionar sobre o  proceso de recuperación dos coñecementos perdidos.

    Para axudarte nesta reflexión cubre a fase 4 do teu diario de aprendizaxe.

    Feito con eXeLearning (Nova xanela)