Saltar navegación

Cultura e arte no antigo Exipto

 

Glosario

Papiro

Imaxe dun papiro exipcio

Definición:

Planta propia dos terreos anegados. Coas súas fibras, no antigo Exipto facíanse láminas tecidas que servían para escribir e debuxar sobre elas.

Exemplo:

Algúns dos textos máis antigos conservados veñen de bibliotecas exipcias e están escritos sobre papiro.

Xeroglífico

Recorte dun xeroglífico

Definición:

Cada un dos signos da escritura exipcia co que se representa unha idea.

Exemplo:

 A tumba do faraón tiña xeroglíficos nas paredes.

A escritura

A escritura do antigo Exipto coñécese como escritura xeroglífica. Igual que en Mesopotamia, empregaba pictogramas: signos e debuxos que representan ideas. Representábase en pedra, muros ou papiros, e as persoas encargadas de facelo eran os escribas.

Imaxe de Xeroglíficos

A escritura xeroglífica non se descifrou ata o século XIX, cando o exiptólogo francés Jean-François Champollion descubriu a Pedra Rosetta: un fragmento de rocha co mesmo texto en escritura xeroglífica, demótica e grego antigo.  

Fotografía da Pedra Rosetta
 

Lectura facilitada

A escritura de Exipto.

A escritura de Exipto chámase xeroglífica.

Usaban pictogramas (debuxos que representan ideas) como en Mesopotamia.

Escribían en pedra, muros ou papiros, e os escribas eran os encargados de facelo.

Descubrimento dos xeroglíficos.

A escritura xeroglífica non se descifrou ata o século XIX.

Foi cando o exiptólogo francés Jean-François Champollion descubriu a Pedra Rosetta,

unha rocha que tiña o mesmo texto en xeroglífico, demótico e grego antigo.

Para saber máis:

Aprendemos a escribir xeroglíficos

A escritura xeroglífica emprega pictogramas que poden corresponder coas letras do noso alfabeto, como ves na seguinte imaxe. 

Alfabeto xeroglífico

Coa axuda desta guía, escribe o teu nome en signos xeroglíficos. 

A ciencia

No antigo Exipto a ciencia tiña un gran prestixio. Desenvolveron as matemáticas e a astronomía, elaborando calendarios baseados na observación do firmamento. Na medicina eran frecuentes as operacións cirúrxicas, e aplicaban métodos de curación para diferentes doenzas.

Representación do ceo e a Terra

Lectura facilitada

No antigo Exipto, a ciencia tiña moito prestixio.

Desenvolveron as matemáticas e a astronomía,

creando calendarios baseados na observación do firmamento.

Na medicina, facían operacións cirúrxicas e usaban métodos para curar diferentes doenzas.

Arquitectura

A arte en Exipto estaba ao servizo dos faraóns e da relixión. A continuación aprenderedes os principais aspectos sobre a arquitectura exipcia.

Era unha arquitectura monumental, pensada para a eternidade. Por iso empregaba materiais duradeiros como a pedra. Usaba tamén columnas e teitos planos. Os edificios máis destacados eran de tipo relixioso: as tumbas e os templos.

Tumbas

Mastabas

Son as construcións funerarias máis antigas, que semellan unha pirámide truncada sen o remate superior. O espazo de enterramento situábase nunha cámara baixo terra.

Debuxo da estrutura dunha mastaba

Pirámides

Eran o lugar de enterramento do faraón e a familia real. Chegaron a ter unha complicada rede de corredores e pasadizos para evitar os saqueos de tumbas. As pirámides máis célebres e monumentais son as dos faraóns Keops, Kefrén e Micerino.

Fotografía das Pirámides de Gizah

Para saber máis:

As pirámides de Guiza construironse para durar una eternidade, pero cómo?

Hipoxeos

Enterramentos escavados na rocha, como o dedicado á raíña Hatshepsut.

Templo funerario de Hatshepsut

Templos

Como son?

Estaban dedicados a un deus ou a unha deusa. Adoitaban ter sempre unha entrada monumental, seguida dun ou varios patios con columnas (sala hipóstila). Ao fondo situábase o santuario coa estatua da divindade.

Templo de Ramsés

Lectura facilitada

A arquitectura en Exipto era monumental e pensada para a eternidade.

Usaban materiais duradeiros, como a pedra, e tamén columnas e teitos planos.

Os edificios máis importantes eran de tipo relixioso, como tumbas e templos.

Tumbas:

Mastabas.

As mastabas son as construcións funerarias máis antigas.

Semellan unha pirámide sen o remate superior.

O enterramento facíase nunha cámara baixo terra.

Pirámides.

As pirámides eran as tumbas dos faraóns e a familia real.

Tiveron unha rede de corredores e pasadizos para evitar os saqueos.

As pirámides máis célebres son as de Keops, Kefrén e Micerino.

Hipoxeos.

Son enterramentos feitos na rocha, como o da raíña Hatshepsut.

Estes enterramentos estaban escavados na rocha e eran moi duradeiros.

Templos:

Os templos en Exipto estaban dedicados aos deuses.

Tiñan unha grande entrada, patios con columnas e no fondo había un santuario con a estatua do deus ou da deusa.

Estes templos simbolizaban a relación entre os humanos e os deuses.

Escultura e pintura

En escultura realizáronse estatuas e relevos, case sempre en pedra. Adoitaban representar o faraón e a divindades, de forma idealizada e nunha pose frontal e ríxida.

A pintura decoraba os muros de templos e tumbas. As cores eran planas e as figuras ríxidas, con pouco realismo ou expresividade. Era habitual a lei da frontalidade: pernas e cabeza dispóñense de perfil, mentres o torso e os ollos vense de fronte.

Pintura exipcia

Lectura facilitada

Escultura:

Estatuas e relevos en pedra.

Representaban o faraón e divindades.

Pose idealizada, frontal e ríxida.


Pintura:

Decoración de templos e tumbas.

Cores planas, pouca expresividade.


Lei da frontalidade:

Perna e cabeza de perfil.

Torso e ollos de fronte.

Adentrámonos nas tumbas e nos templos exipcios

Entra na seguinte ligazón para explorar o templo de Abu Simbel en 3D e responde ás preguntas:

 
  • Identifica as diferentes partes do templo. 
  • Localiza algún punto con escritura xeroglífica.
  • Observa as esculturas: que características da arte exipcia recoñeces nelas?
  • Observa as pinturas e os relevos nas paredes: busca algún exemplo no que se represente a lei da frontalidade. 
  • Procura na rede información sobre o templo de Abu Simbel. 

Para elaborar a actividade podes axudarte dunha presentación de imaxes. 

Podes resolver as mesmas preguntas explorando tamén a Tumba de Ti, no Cairo:

 

Feito con eXeLearning (Nova xanela)