A relixión no antigo Exipto
A relixión do antigo Exipto tiña semellanzas e diferenzas coa mesopotámica:
A relixión do antigo Exipto
Deuses e divindades
- O pobo exipcio cría en varios deuses e deusas, que tiñan un aspecto metade humano e metade animal. Destacaban Atón-Ra, deus da creación e do sol, Osiris, deus da resurrección, Isis, deusa da vida, Horus, deus do ceo ou Anubis, deus da momificación.
- Cada cidade rendía culto a diferentes divindades.
Visión positiva da morte
- Os exipcios tiñan unha visión positiva da morte e do máis alá, que era máis importante que a propia vida na terra. Pensaban que a alma das persoas, despois de morrer, continuaban vivindo noutro mundo, xunto ao seu corpo.
- A vida eterna ou segunda vida era igual á do mundo dos vivos, polo que nas tumbas se pintaban escenas da vida cotiá ou se deixaban estatuíñas que representaban aos diferentes oficios.
A momificación
- A momificación, complexo e longo ritual destinado as familias máis poderosas e ricas, tiña como obxectivo que o cadáver non se descompuxese e puidese gozar da vida eterna.
Culto a animais
- Era habitual render culto a determinados animais, como o gato, os crocodilos ou os hipopótamos, porque crían que eran manifestacións de deusas e deusas.
Os sacerdotes
- Cada templo tiña unha serie de sacerdotes que se encargaban de coidar as estatuas e as dependencias do deus ou deusa ao que se lle dedicaba. Os primeiros sacerdotes soamente se encargaban de cuestións relixiosas, pero co paso do tempo, comezaron a adquirir máis poder e riqueza.
- O número de sacerdotes nun templo dependía da importancia do deus, por exemplo, no templo de Karnak, dedicado ao deus Amón, chegou a contar con 80.000 sacerdotes.
- Cada sacerdote tiña unha especialidade diferente: astronomía, medicina, adiviñación. Podían desempeñar, fóra de templo, outras profesións e, incluso, podían contraer matrimonio.
- Era normal que o oficio de sacerdote pasara dos pais aos fillos.
- Había sacerdotisas, encargadas de cuestións relacionadas coa música e a danza, disciplinas que servían para compracer os deuses e deusas.
Os templos
- As divindades habitaban nos templos, construídos en pedra, de dimensións colosais e atendidos por sacerdotes, encargados de coidalos e de realizar ofrendas e ritos.
Libros sagrados
- Non había un só libro sagrado, cada templo tiña o seu.
- Moitos dos seus textos aparecían nas paredes das tumbas.
- Destaca o "Libro dos Mortos", un conxunto de papiros onde se explicaban os aspectos máis importantes para prepararse e alcanzar a vida eterna; explicando o proceso de momificación ou os medios para que os deuses e deusas favoreceran o defunto.
O faraón
- O faraón era considerado un deus, personificación do deus Horus, intermediario entre os seres humanos e as divindades e encargado de manter o equilibrio no mundo.
- A poboación cría que era capaz de provocar as enchentes do Nilo.
Lectura facilitada
- O pobo exipcio cría en varios deuses e varias deusas.
- Os deuses e as deusas tiñan aspecto metade humano e metade animal.
- Destacaban:
- Atón-Ra.
- Osiris.
- Isis.
- Horus.
- Anubis.
- Cada cidade rendía culto a diferentes divindades.
- A poboación exipcia tiña unha visión positiva da morte e do máis alá.
- Pensaban que a alma das persoas vivía, xunto co seu corpo, noutro mundo.
- A vida eterna era igual á do mundo das persoas vivas.
- Nas tumbas pintaban escenas da vida cotiá e tiñan estatuíñas de diversos oficios.
- A momificación tiña como obxectivo que a persoa morta puidera desfrutar da vida eterna.
- Rendían culto a diversos animais como manifestación das deusas e dos deuses.
- O labor dos sacerdotes e as sacerdotisas cambiou co paso do tempo, tendo máis poder e riqueza.
- Os sacerdotes e as sacerdotisas coidaban as estatuas dos deuses e das deusas e as dependencias do templo.
- O número de sacerdotes e sacerdotisas do templo dependía da importancia do deus ou da deusa.
- Cada sacerdote e cada sacerdotisa tiña unha especialidade diferente, por exemplo, a de medicina ou a de astronomía.
- Fóra do templo, os sacerdotes e as sacerdotisas podían desenvolver outras profesións e casar.
- O oficio de sacerdote e sacerdotisa podía pasar de xeración en xeración.
- Había sacerdotisas que se dedicaban á música ou a danza para compracer os deuses e as deusas.
- As divindades habitaban nos templos, que eran de pedra e colosais.
- Cada templo tiña o seu libro sagrado.
- Moitos textos dos libros sagrados aparecían nas paredes das tumbas.
- Destacaba o "Libro dos Mortos", que daba unha serie de consellos para alcanzar a vida eterna.
- O faraón era como un deus:
- Personificación do deus Horus.
- Intermediario entre os seres humanos e as divindades.
- Encargado de manter o equilibrio no mundo.
- Coa "capacidade" de provocar as enchentes do Nilo.