Saltar navegación

Cultura e arte na antiga China

 

Glosario

Terracota

Figura de Terracota

Definición:

Arxila modelada e cocida.

Exemplo:

Na escavación arqueolóxica atopáronse figuras de terracota. 

Cultura e arte na antiga China

As principais culturas chinesas da Idade Antiga desenvolvéronse nas beiras de dous grandes ríos: o Amarelo e o Iangtsé. Igual que noutras civilizacións antigas, tiña unha gran importancia a relixión. Mais, a diferenza doutras occidentais, na cultura chinesa dábase máis relevancia á natureza.

As manifestacións artísticas como a cerámica, a porcelana, a seda ou a caligrafía tiñan a mesma relevancia que a arquitectura, a escultura ou a pintura. Na dinastía Shang realizáronse grandes recipientes de bronce para rituais funerarios. Os máis característicos son decorados co motivo taotie, unha especie de máscara animal.

Imaxe Taotie funerario

Na dinastía Qin destacan as estatuas dos guerreiros de Xi’an: máis de 8000 esculturas de soldados de terracota que formaban parte da tumba do primeiro emperador de China.

Guerreiros de terracota

Lectura facilitada

As civilizacións chinesas estaban xunto aos ríos Amarelo e Iangtsé.

A relixión era importante, pero valoraban moito a natureza.

A cerámica, a porcelana, a seda e a caligrafía eran moi importantes, xunto coa arquitectura e a pintura.

Na dinastía Shang, fixeron recipientes de bronce con máscaras animais chamadas taotie.

Na dinastía Qin, fixeron 8000 estatuas de soldados de terracota para a tumba do primeiro emperador.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)