Chegada
Agora que xa temos os nosos traballos finais feitos e expostos, chega o momento de facer unha reflexión sobre todo o que aprendemos neste proceso.
Seguramente, despois do traballo feito, comprendedes mellor a importancia investigar o pasado e atesourar os coñecementos que forman parte da Historia da Humanidade.
Na recta final desta viaxe, temos que revisar o traballo realizado, tanto individualmente como en grupo, e os contidos que aprendemos. Esta revisión permitiravos valorar todo o voso traballo e o voso proceso de aprendizaxe, e algo moi importante, reflexionar para mellorar o voso rendemento á hora de enfrontarvos a outras tarefas ou retos.
A seguinte infografía axudaravos a recordar todo o aprendido:

Lectura facilitada
Agora que xa rematamos os nosos traballos e os expuxemos, é momento de pensar en todo o que aprendemos.
Grazas ao esforzo realizado, seguramente comprendes mellor:
A importancia de investigar o pasado.
A necesidade de coidar os coñecementos da Historia da Humanidade.
Antes de rematar esta actividade, temos que:
Revisar o traballo feito, tanto de maneira individual como en grupo.
Repasar os contidos que aprendemos.
Esta revisión axudarache a:
Valorar o teu esforzo e aprendizaxe.
Reflexionar para mellorar en futuras tarefas e retos.
Chegou o momento da posta en común. Despois de rematar os retos e facer a vosa reflexión individual e como grupo, toca presentarlle o voso traballo e o proceso de aprendizaxe que vivistes ao resto da clase. Para isto, emprega as reflexións do diario de aprendizaxe do apartado 4.