Unha pequena aproximación...
Seguramente esteades pensando que a vosa vida actual é moi diferente da que tiñan as xentes que vivían nestas culturas antigas. É certo. Porén, como seres humanos, temos máis en común do que podemos imaxinar. A continuación tendes diferentes materiais para a reflexión.
O paso do tempo no Antigo Exipto
Pasan os anos, chegou a vellez,
vén a fraxilidade, a debilidade crece.
Un dorme todo o día, como os nenos.
Entúrbanse os ollos, os oídos enxordecen.
Co cansazo diminúe a forza,
a boca, silenciada, non fala,
o corazón, baleiro, non lembra o pasado,
doen os ósos,
o bo é malo, foise o gusto,
o que os anos lle fan á xente
é malo en todos sentidos.
Ensinanzas de Petahhotep
A diversión en Mesopotamia
Lectura facilitada
- A nosa vida actual ten aspectos moi diferentes á da vida das sociedades antigas.
- Aínda así, temos en común moitas cousas (medos, amor, esperanzas, desexos, pasatempos...).
Despois de todo o aprendido, xa só vos queda anotar no voso cadro da ficha as principais diferenzas e semellanzas que observamos entre a economía e sociedade actual e a antiga. Realizade esta actividade de forma individual e despois compartide as respostas con toda a clase.