Hora de ler!

A continuación presentámosche unha suxestión lectora para que acompañe este noso camiño ata a consecución do reto final.
Como imos traballar moito con diferentes ecosistemas galegos, podes ler os libros titulados, Os nosos mares e Os nosos bosques de Clara Cerviño.
Tamén che recomendamos o libro Cando soa a buguina de X. H. Rivadulla Corcón, é unha bonita historia sobre a xente que vive do mar.
Seguro que vas gozar con estas lecturas.
Lectura facilitada
Esta é unha suxestión de lectura.
Propoñémosche o libro Cando soa a buguina, de X. H. Rivadulla Corcón.
Trata sobre a xente que vive do mar.
Recomendámosche tamén os libros de Clara Cerviño, sobre diferentes ecosistemas galegos.
Seguro que vas gozar con estas lecturas.