Saltar navegación

3. Temos un problema

Orientacións

Para continuar co noso reto debemos escribir correctamente, empregando diferentes tipos de textos e aplicando a cada tipo de texto a súa estrutura correcta.

Como o imos facer?

Para deseñar a nosa misión temos que:

  1. Dar a coñecer o problema que detectamos na nosa contorna na fase un.
  2. Describir o escenario e os personaxes (empregando adxectivos e comparacións).
  3. Narrar a misión do videoxogo.
  4. Escribir os diálogos entre os personaxes.
  5. Exposición, explicar ao resto da clase cal foi o xogo que creamos e como o fixemos.
  6. Escribir unha mensaxe para tratar de convencer o xogador da importancia de protexer o medio natural.

Lectura facilitada

Para continuar co reto tes que escribir correctamente,

debes empregar os diferentes tipos de textos

e aplicar a cada tipo de texto a súa estrutura correcta.

Como o vas facer?

Para deseñar a misión tes que:

1. Dar a coñecer o problema que detectaches na túa contorna na fase 1.

2. Describir o escenario e os personaxes

(lembra empregar adxectivos e comparacións).

3. Narrar a misión do videoxogo.

4. Escribir os diálogos entre os personaxes.

5. Expoñer, explicar ao resto da clase

cal foi a misión que creaches e como o fixeches.

6. Escribir unha mensaxe para tratar de convencer

o xogador da importancia de protexer o medio natural.

Feito con eXeLearning (Nova xanela)