Saltar navegación

1.4 O Noso Reto

 

Glosario

Vídeo

Pictograma de vídeo

Definición:

Sistema de gravación e reprodución de imaxes que poden ir acompañadas de sons a través de medios electrónicos ou un proceso televisivo.

Exemplo:

Imos gravar un vídeo para motivar a coidar o medio ambiente.

Videoxogo

Pictograma de videoxogo

Definición:

Aplicación informática interactiva que se mostra nunha pantalla e coa que unha ou varias persoas poden recrear diferentes actividades lúdicas ou de entretemento. Os xogadores participan activamente nun entorno virtual.

Exemplo:

Teño un novo videoxogo sobre a reciclaxe e non contaminación.

O noso reto: concienciar para coidar o medio ambiente

Unha boa combinación entre creatividade e tecnoloxía da lugar a converterse nun bo ou boa deseñador ou deseñadora de misións para un videoxogo propio, creado a partir dunha inquedanza común que cada día nos preocupa máis, polo que queremos traballar a concienciación medioambiental e a importancia de coidar os ecosistemas cumprindo co ODS 15. 

O noso reto será escoller un ecosistema da nosa contorna (un monte, unha praia, un río…) e crear unha proposta para concienciar á xente sobre a importancia de recoller lixo e coidar a natureza. Poderedes elixir entre dous produtos finais:

  • Un proxecto de videoxogo, no que contedes unha historia sobre como axudar a mellorar ese ecosistema.
  • Un vídeo viral, pensado para redes sociais, co obxectivo de animar á xente nova a coidar o medio ambiente.

Para acadar este reto, traballaremos paso a paso nos seguintes desafíos:

Primeiro reto: 

Describir as personaxes e o escenario

Pictograma de personaxes

Imos comezar por coñecer as bases para crear personaxes interesantes e escenarios ricos en detalles. A vosa primeira tarefa será:

Crear personaxes que participen no videoxogo ou no vídeo.
Describir o ecosistema que quere ser protexido, destacando os problemas que enfronta.

Segundo reto:

Construír unha historia atractiva

Pictograma de contar unha historia

Traballaremos para crear unha historia que transmita unha mensaxe clara e atractiva. Neste reto, deberedes:

Escribir unha narrativa breve que inclúa os diálogos das personaxes.
Asegurarvos de que a mensaxe principal está relacionada coa concienciación ambiental.

Terceiro reto: 

Dar forma ao proxecto final

Dar forma o xogo

Elaborar as fichas en papel que recollan toda a información do proxecto.
Opcionalmente, se o tempo o permite, crear o videoxogo en Scratch ou gravar o vídeo para redes sociais.

Reto Final

Presentar o proxecto

Presentación

Presentarás o teu proxecto facendo unha presentación en Impress na clase para todas as túas compañeiras e compañeiros.

Preparados e preparadas para comezar? Este será un traballo colaborativo, onde cada un/unha de vós xogará un papel importante para lograr o mellor resultado. O voso esforzo pode marcar a diferenza para o noso planeta!

Lectura facilitada

Escollede un ecosistema preto de vós (un monte, unha praia, un río…).

Poderedes crear:

  • Un proxecto de videoxogo con unha historia para protexer o ecosistema.
  • Un vídeo viral para motivar á xente nova a coidar a natureza.

Retos que faremos:

Primeiro reto:

  • Crear personaxes interesantes.
  • Describir o ecosistema e os problemas que ten.

Segundo reto:

  • Escribir unha historia coas personaxes.
  • Incluír unha mensaxe para coidar o medio ambiente.

Terceiro reto:

  • Organizar o proxecto en fichas.
  • (Se temos tempo) Programar o videoxogo en Scratch ou gravar o vídeo.

Traballaremos en equipo para lograr o noso obxectivo: concienciar sobre a importancia de coidar o planeta!

Que conseguirás ao finalizar o reto?

  • Coñecer e aplicar os elementos necesarios para crear unha narrativa ou un vídeo que transmita unha mensaxe clara e atractiva.
  • Comprender a importancia de protexer os ecosistemas a través da reflexión sobre problemas ambientais locais e globais.
  • Adquirir hábitos de traballo en equipo, aprendendo a respectar as ideas e decisións de todos os membros do grupo.
  • Desenvolver habilidades creativas para deseñar personaxes, escenarios e historias que promovan a concienciación ambiental.
  • Realizar un seguimento do proceso mediante o diario de aprendizaxe, que axudará a reflexionar e a avaliar o voso progreso no reto.
  • Crear un proxecto final (videoxogo ou vídeo viral) que poida inspirar á comunidade a actuar para coidar o medio ambiente.

Lectura facilitada

  • Aprender a crear unha historia ou un vídeo cunha mensaxe clara.
  • Coñecer como protexer a natureza e os ecosistemas.
  • Traballar en equipo respectando as ideas dos compañeiros/as.
  • Inventar personaxes, escenarios e historias sobre o medio ambiente.
  • Usar un diario de aprendizaxe para reflexionar e mellorar.
  • Presentar un proxecto final (videoxogo ou vídeo viral) para motivar a coidar o planeta. Traballar en grupo.

Acode ao diario de aprendizaxe

Imaxe do diario de aprendizaxe no proxecto cREAgal. Amosa un lapis e un caderno co logotipo do proxecto na tapa

Acode ao diario de aprendizaxe e plasma aí as primeiras reflexións sobre o aprendido. Cubre coa túa información.

Lectura facilitada

Escribe no apartado da Fase 1 do teu Diario de Aprendizaxe.

Valora o teu traballo no Diario de Aprendizaxe.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)