Sumamos información
Despois de facer esta tormenta de ideas é importante ter algúns datos a maiores para saber si estamos preparados para facer o proxecto de videoxogo e facer un par de lecturas interesantes sobre a historia dos videoxogos en Galicia.
Como é lóxico en Galicia hai moitos xogadoras e xogadores de distintos tipos de videoxogos pero, vós sabedes que tamén hai creadores de contidos aínda que os seus traballos non sexan tan coñecidos? E mulleres moi vinculadas con este traballo?
Aquí van dous exemplos:
Luz Castro, enxeñeira informática que é a presidenta de Videoxogo.gal unha asociación sen ánimo de lucro que nace como espazo de encontro, visibilización de tódolos profesionais e empresas creadoras de videoxogos e contidos interactivos de Galiza.
Inés Mirás, especialista en composición de música para videoxogos. Ela sempre fai unha grande aposta pola música tradicional galega nos traballos que presenta.
Por último, a xeito de curiosidade deixámosvos información variada sobre os videoxogos galegos.
Lectura facilitada
É importante ter algúns datos a maiores para saber si estamos preparados para facer o proxecto de videoxogo
En Galicia hai moitos xogadoras e xogadores de distintos tipos de videoxogos.
Sabedes que tamén hai creadores de contidos?
E mulleres moi vinculadas con este traballo?
Dúas lecturas interesantes sobre a historia dos videoxogos en Galicia son:
Luz Castro, enxeñeira informática que é a presidenta de Videoxogo.gal
Inés Mirás, especialista en composición de música para videoxogos. Ela sempre fai unha grande aposta pola música tradicional galega nos traballos que presenta.
Por último, tedes información variada sobre os videoxogos galegos.