Presentación
Chegados a este punto, tedes que dar a coñecer o produto realizado co voso equipo. A vosa presentación deberá:
Seguir estas normas:
- Duración: 5 minutos
- Idioma da presentación: en galego.
Debemos dar resposta ás seguintes cuestións:
- Presentámonos
- Explicamos o noso proxecto.
- Ensinamos as personaxes.
- Explicamos o escenario do videoxogo e porque o escollemos.
- Explicar a quen vai dirixido o xogo.
- Explicar a finalidade do noso xogo e a súa relación co ODS15.
- Comentar algunhas, alo menos dúas, dificultades que nos atopamos.
- Indicar dúas cousas que aprendemos.
Estas son algunhas opcións para realizar a vosa presentación.
PRESENTACIÓN DIXITAL
A nosa recomendación é que realicedes unha presentación no LibreOffice Impress. Pero se preferides facelo dalgunha outra forma, adiante! O único que debedes respectar son os contidos que se vos piden.

CARTEL EXPLICATIVO OU MURAL
Pódese empregar este formato elaborando un mural coas achegas impresas ou manuais e documentos cos que elaborastes o voso texto proxecto.

PODEMOS PRESENTAR O XOGO
Se nos deu tempo de realizar o noso proxecto en Scracht podemos compartilo cos compañeiros para que o proben. Podemos compartir o enlace.

VÍDEO VIRAL PARA MOTIVAR
Se optastes por crear unha narrativa para desenvolver un vídeo sobre a contaminación, poderedes gravalo vós mesmos empregando o guión e a narrativa traballada nos días anteriores.
Aínda que é unha das opcións máis complexas, podedes realizar a gravación cos vosos portátiles e editar o vídeo empregando a aplicación Kdenlive, dispoñible en Aplicativos > Son e Vídeo > Kdenlive.

Lectura facilitada
- Que temos que facer agora?
Agora é o momento de presentar o voso traballo en equipo. A presentación debe:
- Seguir estas normas:
Durar 5 minutos.
Facerse en galego.
- Que temos que contar na presentación?
- Dicimos quen somos.
- Explicamos o noso proxecto.
- Ensinamos as personaxes que creamos.
- Contamos como é o escenario do xogo e por que o escollemos.
- Dicimos a quen vai dirixido o xogo (nenos, maiores…).
- Explicamos para que serve o xogo e como está relacionado co ODS15 (protexer a natureza).
- Falamos de polo menos dúas dificultades que tivemos.
- Contamos dúas cousas que aprendemos.
- Como podedes facer a presentación?
Podedes escoller unha destas formas:
- Presentación dixital:
Facédea co programa LibreOffice Impress no ordenador. - Cartel ou mural:
Preparade un cartel con debuxos, textos e imaxes do voso proxecto. - Xogo presentado directamente:
Se fixestes un xogo dixital, podedes ensinar o enlace e explicar como funciona. - Vídeo motivador:
Se creastes unha historia para un vídeo, podedes gravalo cos portátiles e editalo usando o programa Kdenlive.