Glosario
Coherencia

-
Definición:
-
Conexión ou unión equilibrada entre distintos elementos.
-
Exemplo:
-
A coherencia do texto facilita a súa comprensión.
Cohesión

-
Definición:
-
Relación ou concordancia ben organizada entre os distintos elementos que compoñen un conxunto.
-
Exemplo:
-
A relación entre o texto e as imaxes mostra concordancia.
Divulgativos

-
Definición:
-
Adecuados para dar a o coñecemento público, para que os coñeza un gran número de xente.
-
Exemplo:
-
Este vídeo divulgativo explica o ciclo da auga.
Especializados

-
Definición:
-
Centrada a súa actividade nunha área ou especialidade concreta.
-
Exemplo:
-
Esta libraría está especializada en libros de lendas galegas.
Soporte

-
Definición:
-
Elemento ou medio físico utilizado para gardar ou almacenar información.
-
Exemplo:
-
O soporte onde atopamos unha nova, pode ser un xornal, unha revista, a televisión ou o ordenador.



