Introdución
Antes de meternos de cheo no proceso creativo queremos activar os coñecementos que temos sobre distintos aspectos que xa se traballaron nos cursos pasados. Esta tarefa ten unha finalidade moi clara: conseguir superar os distintos retos propostos cunha gran satisfacción persoal e grupal.
Nesta segunda fase, propoñemos unha actividade para facer en grupo, para saber de onde partimos nos temas que traballaremos a continuación, incluíndo información extra que resulta interesante para partir do coñecido e do que temos máis preto.
Despois, faremos un repaso da parte gramatical xa vista no curso pasado, con distintas propostas de actividades variadas para asegurarnos que á hora de facer as descricións, o básico está asentado (nome, oración, parágrafo, texto, adxectivos e comparacións, verbos e adverbios...).
Finalmente, consideramos que é imprescindible o correcto uso dos signos de puntuación, por iso dedicamos o último apartado ao repaso con distintos e variados exercicios.
Lectura facilitada
Imos activar os coñecementos previos:
A finalidade é conseguir superar os distintos retos propostos cunha gran satisfacción.
Nesta primeira fase:
Propoñemos unha actividade para facer en grupo.
Inclúese información extra.
Faise un repaso gramatical (nome, oración, parágrafo, texto, adxectivos e comparacións, verbos e adverbios...)
Remátase co repaso do correcto uso dos signos de puntuación.