Saltar navegación

1.1 Un problema mundial

 

Glosario

Contaminación

Pictograma de contaminación

Definición:

Danos ao medio ambiente provocados polo lixo, plásticos, fumes ou outros residuos prexudiciais para o mesmo.

Exemplo:

A contaminación está destruíndo moitos ecosistemas.

Ecosistema

Pictograma de paisaxe

Definición:

Conxunto de seres vivos e o seu entorno natural, como montes, ríos ou praias e que constitúen unha comunidade.

Exemplo:

Os ecosistemas son a base da vida no mundo.

Problema mundial


A contaminación do noso ecosistema non é algo que afecte só a Galicia ou a nosa contorna máis próxima, senón que é un problema que está presente en todo o mundo. O aire que respiramos, os ríos que nos dan auga e os mares cheos de vida enfróntanse a perigos cada vez maiores debido á contaminación.

Sabías que…?

  • En moitas cidades do mundo, o aire está tan contaminado que pode causar problemas graves de saúde.
  • Os ríos son utilizados para tirar lixo e vertidos industriais, converténdose en lugares perigosos para os animais e para as persoas.
  • Cada ano, millóns de toneladas de plástico acaban nos océanos, causando danos irreparables á vida mariña.

Para reflexionar sobre isto, analizaremos algunhas noticias que nos mostran como a contaminación está a afectar diferentes partes do mundo.

Na imaxe podemos observar lixo e contaminación no río.

Lectura facilitada

A contaminación non afecta só a Galicia. É un problema en todo o planeta.

O aire, os ríos e os mares están en perigo pola contaminación.

Sabías que…?

  • Nalgúns lugares, o aire está tan sucio que fai mal para a saúde.
  • Moitos ríos teñen lixo e vertidos de fábricas. Isto dana aos animais e ás persoas.
  • Cada ano, millóns de plásticos acaban no mar e fan moito dano aos animais mariños.

Fíxate nas seguintes noticias.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)