Publicación en papel, con polo menos catro páxinas, que non se considera un libro como tal e adoita ter unha finalidade informativa ou publicitaria.
Exemplo:
Fixemos un folleto sobre un problema medioambiental.
Prescritivo
Definición:
Que representa unha instrución ou disposición que debe obedecerse sen excepción
Exemplo:
Este informe non é prescritivo.
Textos segundo a súa intención comunicativa
Imos dar a coñecer a toda a comunidade o problema medioambiental que detectastes na fase un do proxecto, para iso imos deseñar un folleto informativo.
Os textos segundo a súa intención comunicativa poden ser de diferentes tipos; informativos, literarios e prescritivos.
Textos informativos
Son un tipo de textos que serven para transmitir información. Algúns exemplos de textos informativos son a noticia periodística, artigo científico, folletos informativos...
A estrutura deste tipo de textos é: introdución, desenvolvemento e conclusión ou peche.
Textos literarios
Son textos creados para provocar reaccións no lector, empregan unha linguaxe elaborada e transmiten sentimentos para seren interpretados por quen os le.
Son textos únicos e ás veces considerados coma obras de arte.
Dentro dos textos literarios podemos distinguir tres tipos: a narrativa, o teatro e a poesía.
Textos prescritivos
Son un tipo de textos que tratan de dirixir ao lector para acadar un obxectivo ou para regular o seu comportamento nunha situación ou contexto determinado.
Hai dous tipos de textos prescritivos:
Instrutivos: son un conxunto de indicacións que explican como se fai ou como funciona algo.
Normativos: son un conxunto de regras que ordenan de que maneira ten que facerse algo.
Lectura facilitada
Imos dar a coñecer o problema medioambiental detectado.
Imos deseñar un folleto informativo.
Segundo a intención comunicativa os textos poden ser:
Informativos, literarios e prescriptivos.
Textos informativos:
Serven para transmitir información.
Por exemplo: a noticia periodística, artigo científico, folletos informativos...
A súa estrutura é:
Introdución
Desenvolvemento
Conclusión ou peche.
Textos literarios:
Son textos que:
provocan reaccións no lector,
empregan unha linguaxe elaborada
e transmiten sentimentos.
Son textos únicos e ás veces considéranse obras de arte.
Dentro dos textos literarios, podemos distinguir tres tipos:
A narrativa
O teatro
A poesía
Textos prescritivos:
Estes textos tratan de dirixir ao lector para:
acadar un obxectivo
ou para regular o seu comportamento.
Hai dous tipos:
Instrutivos: son indicacións.
Normativos: son regras.
Audio
Encher ocos
Le o parágrafo seguinte e escribe as palabras que faltan.
Ao comezo do tema mostrámosche algunhas novas periodísticas que son un exemplo de texto non literario. Serías quen de completar as características dos diferentes tipos de textos?
Actividade grupal
Agrupamento:
4
Imos elaborar un folleto con información sobre o problema medioambiental do que tratará a vosa misión do videoxogo.
Podedes elaborar o voso folleto en papel ou dixital, empregando Canva, Impress, Genially ...
Opción C: deseñar vós mesmos o folleto empregando a aplicación que decidades dacordo coa vosa mestra ou mestre.
Curiosidade
Ocórreseche algunha solución creativa para o problema que expuxeches? Fíxate o que se lle ocorreu facer a @mariadedina co lixo que atopa nas praias, creou a marca lixo atelier e fabrica xoias cos plásticos que recolle.
Pensa nalgunha solución e ao final da fase 3 anota as túas reflexións sobre este tema no diario de aprendizaxe.