Acción e efecto de esclarecer ou expor de maneira máis comprensible.
Exemplo:
A aclaración do mestre axudou a comprender o tema..
Intervención
Definición:
Acción e efecto de implicarse nun tema ou situación.
Exemplo:
A súa intervención no proxecto foi fundamental.
Palabras textuais
Definición:
Son as palabras exactas que pronunciou unha persoa.
Exemplo:
As súas palabras textuais foron: “nunca máis”.
Diálogo
Un diálogo é unha conversa entre dúas ou máis persoas. Os personaxes do teu reto manterán conversas entre elas, por iso imos aprender as características das conversas para que che axuden na redacción dos diálogos do reto.
Os diálogos poden ser tanto orais como escritos. Os diálogos orais poden ser planificados ou non.
Os que se producen de forma espontánea, nunha conversa entre dúas persoas, adoitan conter erros propios da improvisación, interrupcións, frases curtas e sen rematar. Neste tipo de conversas é importante a linguaxe non verbal, a postura, entoación...
Por outra banda os diálogos orais planificados adoitan estar estruturados e preparados con antelación, os principais tipos son: debate, faladoiro, coloquio e entrevista.
Nos textos escritos, os diálogos forman parte dos recursos literarios que emprega unha obra, por iso é frecuente atopalos en relatos, contos, novelas e obras de teatro.
Ás veces, o narrador dálle voz ós personaxes, para facernos coñecedores da información que intercambian. Este tipo de diálogos son de estilo directo, porén, se é o narrador o que conta o que din os personaxes, entón está empregando o estilo indirecto.
Á hora de escribir un diálogo hai que ter en conta unha serie de normas:
Diferenciar a parte narrativa da dialogada.
Empregar o presente para as voces dos personaxes.
Empregar o pasado para as aclaracións.
Utilizar as formas verbais: dixo, expresou, comentou, explicou...
Signos ortográficos do diálogo:
Raia: a intervención de cada personaxe debe ir nunha liña aparte e márcase poñendo unha raia antes de comezar a escribir. Os comentarios e aclaracións do narrador tamén se introducen cunha raia e péchanse con outra.
Dous puntos: escríbense antes das palabras textuais de cada personaxe.
Comiñas: Colócanse despois dos dous puntos para indicar cales son as palabras textuais.
Signos de interrogación e exclamación: Úsanse para darlle a entoación correcta as palabras do personaxe.
Lectura facilitada
Un diálogo é unha conversa entre dúas ou máis persoas.
Os diálogos poden ser orais ou escritos.
Os diálogos orais poden ser espontáneos ou planificados.
Podemos atopar diálogos nos textos escritos,
por exemplo, en relatos, contos, novelas e obras de teatro.
Poden estar en:
Estilo directo: o narrador dálle voz ós personaxes.
Estilo indirecto: o narrador conta o que din os personaxes.
Audio
Mapa conceptual
Mapa conceptual dos textos dialogados:
Diálogo
Aquela mañá, envolta pola néboa, a mestra entrou na clase e dixo:
—Bos días...! Hoxe imos falar dun home que naceu en Ourense, hai máis de cen anos, e que agora dá nome a esta escola e ao bosque que está aquí ao lado.
—Seguro que é Ben-Cho-Shey —Comentou Loaira dende o pupitre.
—Moi ben —respondeu a mestra—, pero quen sabe que detrás do pseudónimo de Ben-Cho-Shey está o nome de pía de Xosé Ramón e Fernández Oxea? —Que é un pseudónimo? —preguntou Lislé, sorprendido.
—Escoita Lislé. De pequeno, a Xosé Ramón gustáballe xogar á billarda preto da casa onde naceu, a carón do xardín do Posío.
—Que é a billarda? —dixo Loaira, levantando a man.
—A billarda, como a definiu Ben-Cho-Shey —engadiu a mestra—, é un pau duns dez ou quince centímetros, apuntado nos extremos. Apoiado no chan, as puntas deixan un pequeno van que, ao bater sobre unha delas, chouta cun movemento circular. Entón gárdaselle o golpe no aire e báteselle de novo para lanzala o máis lonxe posible.
—Nunha ocasión, mentres Xosé Ramón xogaba ao pé da casa, chamou á súa nai para saber que tiña de xantar, e ela respondeulle:
—Sube, que están as patacas na mesa...!
Fragmento de López-Barxas, P. (2024). Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey. Galaxia
Exemplo de diálogo oral
Lista desordenada
Ordena o seguinte diálogo para que teña sentido.
Aquela mañá, envolta pola néboa, a mestra entrou na clase e dixo:
—Bos días...! Hoxe imos falar dun home que naceu en Ourense, hai máis de cen anos, e que agora dá nome a esta escola e ao bosque que está aquí ao lado.
—Seguro que é Ben-Cho-Shey —Comentou Loaira dende o pupitre.
—Moi ben —respondeu a mestra—, pero quen sabe que detrás do pseudónimo de Ben-Cho-Shey está o nome de pía de Xosé Ramón e Fernández Oxea?
—Que é un pseudónimo? —preguntou Lislé, sorprendido.
—Escoita Lislé. De pequeno, a Xosé Ramón gustáballe xogar á billarda preto da casa onde naceu, a carón do xardín do Posío.
—Que é a billarda? —dixo Loaira, levantando a man.
—A billarda, como a definiu Ben-Cho-Shey —engadiu a mestra—, é un pau duns dez ou quince centímetros, apuntado nos extremos. Apoiado no chan, as puntas deixan un pequeno van que, ao bater sobre unha delas, chouta cun movemento circular. Entón gárdaselle o golpe no aire e báteselle de novo para lanzala o máis lonxe posible.
Nunha ocasión, mentres Xosé Ramón xogaba ao pé da casa, chamou á súa nai para saber que tiña de xantar, e ela respondeulle:
—Sube, que están as patacas na mesa...!
Comprobar
Correcto!
2025111204943-60
Actividade non completada#Actividade superada. Puntuación: %s#Actividade non superada. Puntuación: %s#Lista desordenada
A resposta correcta é:
Completar
Completa os signos ortográficos do seguinte diálogo.
Entre os oficios que Ben-Cho-Shey recolleu no libro de Santa Marta de Moreiras está o dos afiadores.
@@—@@Alguén ten algún afiador na familia@@?@@ —interrogou a mestra.
Uxío levantouse e dixo@@:@@
@@—@@Eu non, pero o meu pai di que os afiadores desta comarca andaron polo mundo adiante, e que el coñece moitos de Esgos e Moreiras que endexamais regresaron.
@@—@@Quen sabe dicir en barallete "afiador amigo" @@?@@ —volveu preguntar a mestra.
@@—@@Eu @@—@@respondeu Lislé antes ca ninguén@@—@@. "Afiador amigo@@"@@ dise "parafuxeiro amigorrio".
Fragmento de López-Barxas, P. (2024). Os segredos do bosque de Ben-Cho-Shey. Galaxia
O navegador non é compatible con esta ferramenta.
Para saber máis
Na actualidade os diálogos son os textos máis abundantes nas conversas a través das redes sociais, a súa inmediatez convértenas case nun diálogo en tempo real.
Ten en conta que as redes sociais están cheas de perigos que debemos minimizar. A xunta de Galicia vén de publicar unha guía de uso seguro de Internet e redes, podes descargala aquí.
Estes vídeos tamén poden axudarche a ser máis coidadoso coa información que compartes nas redes. Atende aos consellos de #CiberEsther e #Cibercarracho.
Coa información que recabaches nos vídeos e na guía publicada pola Xunta de Galicia, serías quen de elaborar unha infografía sobre o uso adecuado de Internet?