Contido extra
Scratch é unha ferramenta de programación moi sinxela que nos permite crear videoxogos de forma creativa. Neste proxecto, aprenderemos os primeiros pasos para dar vida ás nosas personaxes e ao noso escenario.
Entrar en Scratch
- Accede á páxina de Scratch: scratch.mit.edu.
- Inicia sesión ou crea unha conta se aínda non tes unha.
- Fai clic en "Crear" para empezar un novo proxecto.
Crear o escenario
Na parte inferior dereita, fai clic no botón de "Escenarios".
Podes:
- Escoller un fondo xa creado da galería de Scratch.
- Subir unha imaxe do escenario que creaches na ficha ou debuxar o teu propio.
Asegúrate de que o escenario reflicte o ecosistema que queres protexer (un monte, unha praia, un río, etc.).
Engadir as personaxes
Na parte inferior dereita, fai clic no botón de "Personaxes".
Podes:
- Escoller personaxes da galería de Scratch.
- Crear os teus propios personaxes debuxándoos.
- Subir imaxes das personaxes que deseñaches.
Cada personaxe terá un papel importante na historia que queres contar.
Personalizar as personaxes
Fai clic sobre cada personaxe para engadir accións:
- Cambiar a cor, tamaño ou posición.
- Asegúrate de que cada personaxe se axuste ao escenario.
Gardar o proxecto
Non esquezas facer clic en "Guardar" para non perder o teu traballo.
Lectura facilitada
Scratch é unha ferramenta moi sinxela para aprender a programar e crear videoxogos. Neste proxecto, imos aprender os primeiros pasos para crear as nosas personaxes e o escenario.
1. Como entrar en Scratch
- Vai á páxina: scratch.mit.edu
- Inicia sesión ou crea unha conta nova.
- Preme en "Crear" para comezar un proxecto novo.
2. Como crear o escenario
- Na parte inferior dereita da pantalla, preme no botón de "Escenarios".
- Podes escoller un fondo da galería, subir unha imaxe ou debuxar o teu propio fondo.
- O fondo debe representar un ecosistema: monte, praia, río, etc.
3. Como engadir as personaxes
- Na parte inferior dereita, preme no botón de "Personaxes".
- Podes escoller unha personaxe da galería, debuxala ou subir unha imaxe que creaches ti.
- Cada personaxe debe ter un papel na historia que vas contar.
4. Como personalizar as personaxes
- Preme sobre a personaxe para cambiar a cor, o tamaño ou a posición.
- Asegúrate de que cada personaxe encaixa ben no escenario.
5. Como gardar o proxecto
- Preme en "Gardar" para non perder o traballo feito.