Saltar navegación

2.1 En equipo sempre mellor

 

Glosario

Votación

Banner pequeno de cREAgal

Definición:

Acción e efecto de votar un voto para algún fin.

Exemplo:

Ao rematar a tarefa facede unha votación e elixide quen será o alumnado que vos represente.

Medio ambiente

Banner pequeno de cREAgal

Definición:

Relativo ou pertencente ao conxunto de factores externos que condicionan a bioloxía dos seres.

Exemplo:

En Galiza temos zonas de gran valor medio ambiental.

Videoxogo

Banner pequeno de cREAgal

Definición:

Aplicación informática interactiva que se mostra nunha pantalla e coa que unha ou varias persoas poden recrear diferentes actividades lúdicas ou de entretemento.

Exemplo:

Esta tarde Miguel e Anxo quedaron na casa para probar un novo videoxogo.

Técnica da tormenta de ideas

Para levar a cabo a actividade repartirédesvos en catro grupos porque ides empregar unha técnica grupal da que van saír un montón de opinións, conceptos, visións dun mesmo tema e seguramente sexan diferentes.

Para que esta técnica resulte un éxito é importante ter en conta varias normas:

Lista de normas
  1. Non criticamos o que din os nosos compañeiros e compañeiras. Queremos crear contido de calidade e todo o que achegamos é importante.
  2. As ideas ou anécdotas disparatadas ou pouco habituais tamén son interesantes.
  3. Hai que achegar todo aquilo que se nos ocorra, na cantidade de ideas hai máis posibilidades para empregar.
  4. Co que nós comentamos ás veces xorden recordos nos nosos compañeiros e compañeiras que tamén poden expoñer.

Explica ou conta as túas experiencias, anécdotas ou dá a túa opinión sobre as dúas temáticas que estamos traballando.

Podes ollar as imaxes das galerías por si che serven de inspiración:

Lectura facilitada

Facede catro grupos, ides empregar unha técnica grupal.

Sairán moitas opinións, conceptos, visións dun mesmo tema.

Normas a ter en conta:

1- Non criticamos o que din os nosos compañeiros e compañeiras.

2- As ideas ou anécdotas disparatadas ou pouco habituais tamén son interesantes.

3- Hai que achegar todo aquelo que se nos ocorra.

4- Co que nós comentamos ás veces xorden recordos nos nosos compañeiros e compañeiras que tamén poden expoñer.

Explica ou conta as túas experiencias, anécdotas ou da a túa opinión sobre as dúas temáticas que estamos traballando.

Podes ollar as imaxes das galerías por si che serven de inspiración:

Lectura facilitada

Debate en pequeno e gran grupo

Con toda a información que achegastes, cada equipo ten que decidirse e escoller un ecosistema para traballar.

A continuación, de tódalas opcións, por votación escolleredes a que máis vos preocupa e ese será o ecosistema sobre o que teredes que crear unha proposta para concienciar ós veciños e veciñas da importancia do seu coidado.

Outra decisión que tamén teredes que discutir é sobre os coñecementos e os recursos necesarios que tedes para crear un proxecto de videoxogo ou ben, facer un vídeo viral para as redes sociais.

Pictograma de equipo de orientación

Lectura facilitada

Cada equipo tedes que  escoller un ecosistema para traballar.

Por votación, escolleredes a que máis vos preocupa.

Ese será o ecosistema sobre o que teredes que traballar.

Tamén teredes que discutir é sobre os coñecementos e os recursos necesarios

que tedes para crear un proxecto de videoxogo ou ben,

facer un vídeo viral para as redes sociais.

Creado con eXeLearning (Ventana nueva)